O alumnado do 6º curso preparou a entrada na Galipedia do pintor moañés Xavier Ríos:
Pouco a pouco, imos aumentando as colaboracións.
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2010-2011. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2010-2011. Mostrar todas las entradas
24/6/11
22/6/11
Visita ós estudios "ACUARELA VISIÓN"
O venres 20 de maio, os nenos e nenas de 5º de primaria realizaron unha visita ao estudio "Acuarela Visión" en Moaña.
Esta productora podemos atopala na rúa Ave do Mar, portal 1ºB-2ºB no Rosal.
Xan Leira, o director, recibiunos moi amablemente e deunos a coñecer o seu extenso traballo cuia finalidade é fomentar e dar a coñecer o patrimonio cultural de Galicia.
Esta productora abrangue un amplo campo de traballo, dende programas de T.V., películas, exposicións ata a edición de libros e revistas.
Podemos acceder ao seu traballo na páxina Web "Memoriadagaliza.com"
Xunto a Xan Leira recibíronnos Diana Reiter, coa que puidemos entender en qué consiste o traballo de maquetación, e Sara Pequeño Salgado que nos explicou como era o seu traballo nas montaxes de películas.
Esta productora podemos atopala na rúa Ave do Mar, portal 1ºB-2ºB no Rosal.
Xan Leira, o director, recibiunos moi amablemente e deunos a coñecer o seu extenso traballo cuia finalidade é fomentar e dar a coñecer o patrimonio cultural de Galicia.
Esta productora abrangue un amplo campo de traballo, dende programas de T.V., películas, exposicións ata a edición de libros e revistas.
Podemos acceder ao seu traballo na páxina Web "Memoriadagaliza.com"
Xunto a Xan Leira recibíronnos Diana Reiter, coa que puidemos entender en qué consiste o traballo de maquetación, e Sara Pequeño Salgado que nos explicou como era o seu traballo nas montaxes de películas.
20/6/11
Preguntamos a Xavier Ríos
En 6º estamos empezando a despedirnos do colexio e como tiñamos unha actividade pendente de presentarvos, aquí vai.
A visita ao taller do artista moañés Xavier Ríos axudounos a coñecer a súa obra e tamén, nos deu a posibilidade de coñecelo a el un pouco. Como non queriamos abusar moito da súa amabilidade e do seu tempo, deixámoslle un cuestionario que preparáramos entre todos e el envióunolo contestado a través do correo electrónico.
BATERÍA DE PREGUNTAS A XAVIER RÍOS
A través da Internet poidemos ver algunhas das túas obras e hai cousas que nos chaman a atención e quixeramos saber. Por exemplo:
1- O teu nome escríbese con v ou con b?
Eu escribo con V pero creo que a normativa acepta as dúas.
2- Existía a área de Plástica cando estudabas?
Si , pero eran traballos manuais e debuxo.
3- Lembras cales eran na túa infancia as cousas que che gustaba pintar?
Sobre todo moito debuxo a boli e lapis de cores ( animais e paisaxes),é o
que máis lembro.
4- Cantos anos levas pintando?
A nivel máis profesional uns 25 anos.
5- Que é o que che inspira para traballar?
A memoria os recordos , os obxectos, os materiais, ...
6- Foi fácil empezar a expoñer?
É coma calquer profesión, tés que ir pouco a pouco e solicitando os espazos máis adecuados ao teu estilo.
7- Podes vivir do oficio de pintor e escultor?
Si se pode, pero é moi difícil.
8- Hai algún artista que che servira de guía de aprendizaxe?
Eu non teño un só artista , toda a historia da arte dende o clásico ao moderno me interesa, creo que é a mellor aprendizaxe.
9- Como te sentes cando estás preparando un cadro ou unha escultura?
Pásase por diferentes estados, dende a ilusión do principio ( a idea, os bocetos), o proceso, os cambios, as dúbidas , ata a satisfacción do remate.
10- Algunha vez quixeches tirar algún cadro pola ventá?
Non, destruílo e cambialo, si.
11- Na información que lemos na Internet fálase moito da túa relación artística con outro pintor moañés, Lito Portela, é fácil traballar nunha obra entre dous?
Si, porque contrastas ideas e aportas experiencias .
12- Na túa obra hai tanto pintura como escultura, traballas as dúas ao mesmo tempo ou por etapas?
Están sempre relacionadas, unhas saen das outras.
13- Cando traballas, que tipos de materiais son os que utilizas?
Dende a fraxilidade do papel ou a cera ao brillo do metal ou a dureza da pedra.
14- Con que materiais traballas máis a gusto?
Utilizo os materiais segundo a idea que traballe nese momento.
15- De ónde ven o teu interese pola papirofléxia como elemento de traballo artístico?
Eu utilizo no meu traballo as formas xeométricas e a papiroflexia remite a elas.
16- Por que che gusta tanto a xeometría?
É unha forma de sintetizar as ideas, iso vai un pouco no carácter de cada persoa.
17- Que che gusta máis, a pintura ou a escultura?
Gústanme as dúas.
18- Gustaríamos saber en que consiste a técnica mixta.
A técnica mixta consiste na utilización de varios materias e técnicas na mesma obra.
19- A elección dos nomes para titular unha obra, como xurden( Pé, Refuxios, … )?
Os títulos son moi difíciles, pero eu escólloos segundo o tema que traballe en cada momento; normalmente fago series, un titulo para todas as obras.
20- Hai unha escultura que nos ten intrigados( nós chamámoslle Banco ) por un dos materiais que utilizaches, como fixeches para colocar os cristais?
A escultura chámase Borrón e… son borradores da escola pero dimensionados; os cristais están selados con silicona.
21- Percorrendo imaxes de obras túas vemos que cambias moito de temas e de estilos, é por evolución ou porque non che gusta dedicarte moito tempo ao mesmo motivo?
E por pura evolución da obra e o tempo.
22- Segues sentindo o mar como fondo de inspiración?
O vivir ao seu lado é unha inspiración constante.
23- No concello de Moaña hai expostas obras túas?
Si, O Avión, que está na rotonda do Rosal e un cadro nun despacho da casa do concello.
24- En que outros lugares?
O Barco en Aldán , Bancos no paseo de Cangas e cadros na casa do concello e no Auditorio de Cangas
25- Tés predilección por un cadro teu en concreto? E por unha escultura?
Non todos teñen a sua importancia.
26-Como se chama a túa última obra?
Refuxios; é unha reflexión sobre as cabanas de árbores que se facían na infancia como xogo e como lugar para o escondite.
27- Que che gusta facer nos teus ratos libres?
Escoitar música, ler, nadar e andar…
Só nos queda darlle de novo as grazas por atendernos tan ben .
Saúdos e ata outra.
Despedida 6º
Quintela, xuño 2011
Ola!:
Como este ano marchamos para o instituto, queríamos despedirnos de vós con esta carta. Estamos un pouco tristes por deixar este colexio; algúns de nós levamos aquí desde Infantil e cóstanos un pouco máis irnos.O 22 de xuño xa nos vamos; pero volveremos de visita ao final de cada trimestre para ver aos antigos profesores e compañeiros.
Pasámolo moi ben neste colexio,sobre todo nas excursións (especialmente a de Manzaneda), festas… Pero tamén houbo momentos malos: os castigos,as broncas, os suspensos… O bonito foi que fixemos moitas amizades, que a partir de agora esperamos que duren toda a vida.
Desexamos facer novos amigos e amigas no instituto. Tamén teremos novos profesores, que esperamos que nos caian tan ben como os de Quintela.
Algúns de nós choraremos un pouco cando nos vaiamos o último día; en cambio, outros estarán bastante felices. Animarémonos un pouco coa festa de fin de curso.
No instituto teremos que estudar máis e estar máis atentos aos profesores; sin embargo, non seremos os maiores coma agora no colexio.
Botarémosvos de menos.
Un bico e un abrazo moi forte de parte de Patri, Fabián, Sabela, Ilian e do resto de 6º.
CODA:
Estamos todos tristes
por ter que marchar.
Este último ano
foi moi especial,
todos pasaremos
a un curso máis
pois este curso
estudamos máis.
E para o curso que vén,
usaremos moito o Pen.
4/6/11
Manzaneda 2011-6º
Diario da viaxe
Mércores, 1 de xuño
Saímos cargados de maletas e de nervios compartindo autobús cos colexios de Abelendo, A Guía e Tirán. Non paramos de falar e de rir durante todo o traxecto. A profe reclamaba a nosa atención, de cando en vez, para que nos fixáramos na paisaxe( as canteiras de Porriño, o río Avia, as marxes do Miño, etc. ); pero, a verdade é que iamos moi entretidos gozando entre nós e non prestamos moita atención. Haberá que volver a repetir para aprender xeografía!
A media mañá, paramos en Ribadavia para merendar e dar un paseo pola vila medieval. Andivemos polas rúas estreitas e vimos casas moi antigas; pero, deunos moita gracia ver sinais de tráfico con adhesivos de cucarachas enriba.
Ata mañá!
Xoves, 2 de xuño
Despois dunha noite de ruídos e pouco durmir empezamos o día con actividades dende a mañá ata a noite. Primeiro, para desentumecer as pernas, fixemos unha camiñata de 10 a 12 polos arredores da estación en plena Serra da Queixa.
A continuación, fixemos actividades deportivas variadas: tenis, fútbol, …
Despois do xantar, fomos montar a cabalo e en karts. A verdade é que o medo puido máis ante os cabalos que ante os karts, que foi todo un éxito.
Aínda nos quedaban a escalada e a aula da natureza antes do descanso e da cea. Houbo uns cantos valentes que escalaron toda a parede ou parte dela.
O día rematou coa velada no polideportivo.
Ata mañá
Venres, 3 de xuño
Chegou o día da despedida e de recollida de efectos persoais polos cuartos. Tivemos que deixar as habitacións recollidas e as maletas no cuarto da profe ata a hora de saír. Despois , veu unha mañá cargada de actividades. Para espabilar estivemos xogando a xogos populares( chave, bolos, pano,… ).
A continuación, fomos ao tiro con arco.
O remate foi na piscina. Saímos ben relaxados.
Despois de xantar, baixamos as maletas e , ao autobús.
Ata outra, Manzaneda.
P.D.: Paramos en Castro Caldelas para visitar o seu castelo e mercar o biscoito típico da zona: a bica. Debeu ser a auga da piscina e o cansazo acumulado que fixo que viñeramos bastante tranquilos no autobús
27/5/11
6º dramatiza
No Festival das Letras Galegas representamos a obra de teatro " O príncipe e o esmoleiro "( adaptación do conto de Mark Twain do mesmo título ). A obra está dividida en dous actos e o argumento é este:
A nosa historia puido ter sucedido a mediados do segundo milenio nunha cidade como Londres. Un día de outono, naceu no seo dunha familia miserable, chamada Canty, un neno que foi bautizado co nome de Tom e que non era desexado nin querido polos seus pais. O mesmo día, a raíña de Inglaterra tivo un fillo, o primeiro. Este si que era, máis que esperado, desexado por toda a familia e por todo o pobo. Por un estraño capricho da natureza, aqueles dous nenos acabados de nacer semellábanse moito. Sendo nenos, un día, atopáronse un fronte a outro e decidiron intercambiarse as súas roupas e familias... Que sucederá a partir daquí?
Reparto
Actriz | Personaxe | Actor | Personaxe |
Patricia | Tom | Samuel | Narrador |
Alba | Narradora | Anxo R. | Príncipe |
Noa | Bet | David | John |
Irene | Nan | Diego | Avó |
Martina | Raíña | Ilian | Lord Protector |
Gara | Dama | Carlos | Sir Norfolk |
Sheila | Lady St. John | Esteban | Capitán |
Miryam | Lady Hertford | Anxo B. | Garda 1 |
Noelia | Paxe 1 | Juan | Garda 2 |
Sabela | Paxe 2 | Fabián | Garda 3 |
Pablo | Garda 4 |
Anécdotas das representacións
Cada vez que miraba para o público o corazón se me poñía a cen porque estaba mirando a meu pai que viñera de sorpresa. E vaia sorpresa que me deu!
Ilian
Cando ía saír á escena para narrar choquei contra unha árbore de madeira que tiña diante; pero, non caín.
Samuel
En plena actuación soou un móbil no camerino. A todos nos deu a risa; pero, silenciosa.
Noa
Con tanta calor que houbo o día da representación para as familias saqueime o gorro de soldado mentres esperaba no camerino e logo, saín a escena con el sen colocar.
Fabián e Pablo
A porta de acceso ao camerino non abre por dentro e non puiden saír a coller a coroa de rei e tiven que usar a da raíña.
Patri
A punta dunha das lanzas rompeu xusto antes de actuar por 2ª vez e houbo que pegala con celo a toda presa.
Pablo
Houbo unha palabra que se me atascou( compracido ) e cambieille o acento. Menos mal que as risas dos do camerino non se escoitaron.
David
Martina
A perruca de príncipe puxémola coa parte de atrás para adiante e resultaba un pouco estraña.
Anxo R.
Non escoitamos ben e saímos a escena máis tarde do debido.
Sheila e Ilian
Unha das veces que saín a facer de narradora engancheime nunha lanza e quiteina a correr.
Alba
Enredeime no telón de fondo e non atopaba a abertura para saír a presentar.
Noa
Empecei a presentar o festival e, de súpeto, o micrófono quedou sen pilas e tiven que seguir ata acabar a primeira presentación.
Carlos
Os nervios fixeron que correse tanto que me adiantei aos compañeiros.
Miryam e David
Tiven que aguantar a risa durante a miña representación porque o personaxe de príncipe facíame rir.
Anxo B.
A 1º representación, para o colexio, saíu mellor que a 2º porque nesta apareceron os nervios por ter a familia de público. Polo demais, foi todo un proceso de aprendizaxe teatral que requeriu moito esforzo, traballo e organización. Os meus parabéns a todos e todas.
A titora
26/5/11
Viaxe a Manzaneda
As datas cambian un pouco, pero polo demais, a presentación está de actualidade. Fixádevos que hai enlaces en algunhas palabras, para saber algo máis.
19/5/11
Preciosas leitugas
Este mércores pasado, 18 de maio, recollemos as leitugas na horta escolar. O rego case diario (repartido, semanalmente, entre 5º e 6º) e a limpieza das malas herbas deu o seu froito: unhas brillantes e apetitosas leitugas .
Comprobalo vós mesmos coas fotos:
Comprobalo vós mesmos coas fotos:
Anxo Rúa Refojos e Fabián Pombal Martínez 6º
3º ciclo coñece ao artista plástico moañés Xavier Ríos
O pasado xoves, 12 de maio, tivemos a honra de achegarnos ao taller de Xavier Ríos, un pintor e escultor que vive moi preto do noso colexio, a só uns 5 minutos de distancia e nós sen sabelo. Coñecemos parte da súa obra escultórica exposta (para nós) na súa finca e co mar da ría de fondo. Os barcos construídos a partir de triángulos eran a base da maioría das pezas; pero, había algo máis. Tanto podían formar parte dunha nora como dun columpio; por non falar dos distintos materiais empregados: granito, ferro, aceiro... Dentro do taller a cousa foi distinta: un mesmo motivo de diversas formas(con papel, con metal, con goma...).
Cos cadros pasou o mesmo: formas xeométricas e composicións con elas.
A partir daquí soubemos da súa maneira de traballar organizándose en en series:a memoria,borrón,
refuxios,... Contounos que el sempre ten moi presente a referencia constante á infancia (a escola,os xogos).
Tan preto de nós e ao mesmo tempo, expoñendo en distintos lugares, dende Moaña ás demais cidades de Galicia,Madrid e Portugal.
Só nos queda darlle as grazas e escribir aquí algunhas palabras.
17/5/11
Educación documental e Letras galegs
Para os nenos e nenas do 2º e 3ºciclo, tedes AQUI unha ficha para cubrir sobre Lois Pereiro.
Xa sabedes que para cubrilo, tedes toda a información necesaria no blog Dinamiza Normaliza, ou no menú lateral do blog da Bibliotecadocole.
Unha vez cuberto, entregao ao teu titor/a, e recibirás un agasallo.
Xa sabedes que para cubrilo, tedes toda a información necesaria no blog Dinamiza Normaliza, ou no menú lateral do blog da Bibliotecadocole.
Unha vez cuberto, entregao ao teu titor/a, e recibirás un agasallo.
4/5/11
Temos campións en Quintela
Os días 30 de abril e 1 de maio os remeiros de Tirán foron a Ferrol para competir no Campionato de España de bateis.
Participaron clubs procedentes de Cantabria, País Vasco, Asturias e Galicia.
O equipo infantil de Tirán quedou de primeiro e gañou a bandeira.
Entre os integrantes deste equipo estiveron os nosos compañeiros Brais González Martínez de 5º e Pablo López Romero de 6º.
PARABÉNS COMPAÑEIROS!!!
Participaron clubs procedentes de Cantabria, País Vasco, Asturias e Galicia.
O equipo infantil de Tirán quedou de primeiro e gañou a bandeira.
Entre os integrantes deste equipo estiveron os nosos compañeiros Brais González Martínez de 5º e Pablo López Romero de 6º.
PARABÉNS COMPAÑEIROS!!!
15/4/11
6º bota chispas
En 6º, na área de coñecemento do medio, organizámonos en grupos de 4 membros para elaborar traballos sobre a electricidade e o magnetismo. A verdade é que nos saíron moi ben, perdémoslle o medo á electricidade e pasamos un bo rato divertíndonos traballando. Ao final, foi moi satisfactorio.
Expusemos os traballos no corredor e ante a curiosidade dos demáis cursos, ensínamoslles o seu funcionamento.
A continuación, mostrámosvos imaxes da exposición dos traballos:
Expusemos os traballos no corredor e ante a curiosidade dos demáis cursos, ensínamoslles o seu funcionamento.
A continuación, mostrámosvos imaxes da exposición dos traballos:
Exposición.
Pulsómetro: Carlos.
Circuito eléctrico para discapacitados: Fabián, Diego, Anxo B. e Juan.
Farola: Alba, Patricia, Gara e Noelia.
Cuestionario: Noa, Anxo R., Irene e Esteban.
Semáforo: Noa, Anxo R., Irene e Esteban.
Campo magnético: Esteban.
Eléctroimán: Ilian, Samuel, David e Pablo.
Electroimán: Martina, Miryam, Sabela e Sheila.
Circuito eléctrico: Martina, Miryam, Sabela e Sheila.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Para facer un comentario neste blogue
- Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
- Elixe de identidade "Nombre"
- Pon o teu nome
- Escribe no recadro o teu comentario
- Pulsa enriba de "Publicar comentario"
- Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
- ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
Pon música
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas


















