24/11/11

Traballos do alumnado

O alumnado de 5º curso, estivo preparando un PowerPoint sobre un tema que lles gusta moito, O SAMAÍN. Este traballo implicou que tiveran que buscar imaxes en google relacionadas co tema, que tivesen que dominar o programa powerpoint, o teclado do ordenador para escribir coas mans colocadas correctamente... Foi unha actividade moi divertida e motivante para eles.
Aínda que os traballos están moi ben feitos, non podemos publicalos todos; así que eliximos o de Daniel e o de Antía para que vexades como quedaron.

O samaín. Antía

17/11/11

Renacemento


O GRECO Domeníkos Theotokopoulos  (Creta 1541- Toledo 1614)

 PINTOR       Nacionalidad : ESPAÑA .
 Tivo unha grande formación humanística , de boa educación e
grandes ambicións .
Estudou a arte Renacentista nos talleres dos pintores de Venecia.
En Roma pasou  sete anos onde coñeceu ao seu amigo don Luis de Castilla quen posiblemente  o animou  a  marchar  a Toledo .
Traballou en obras para Felipe II pero as súas mellores obras foron encargadas por amigos e personaxes cultas de Toledo .
AS figuras que pinta caracterízanse por ser alogadas , incluso algo desproporcionadas e de cores intensas .


15/11/11

Renacemento

Renacemento 
  Xoán de Juni 
(Borgoña de Joigny sobre o 1507 –Valladolid, 1577)
ESCULTOR
Asentouse en Valladolid sobre 1530.
Escultor do S. XVI
Traballou materiais como pedra ,madeira e incluso barro cocido.
As súas imaxes están cargadas de emoción e as roupas parecen estar en movemento.

30/10/11

Ano Internacional dos Bosques

O día 4 de novembro celébrase o Dia pola ciencia en galego.
A Coordinadora de Equipos de Dinamización da lingua galega organiza unha vídeo conferencia que impartirá Dona Isabel Fraga Villa, profesora titular do departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela, e directora do museo de Historia Natural da Universidade.
 O titulo da vídeo conferencia: "Sabes por que o 2011 é o Ano Internacional dos Bosques?"
Para ir ambientándonos para a videoconferencia do venres, preme na imaxe para xogar e aprender sobre os ecosistemas:

E unha actividade do CEIP Frián, en Teis.

29/10/11

Dende o  CEIP A Pedra de Bueu chega este xogo de conxuros. Probade a facelo
Non esquezas entrar no blog do noso cole para ver as cabazas que fixestes

27/10/11

A arte na Idade Contemporánea

Os alumnos e alumnas de 6º estamos a estudiar a arte na Idade Moderna.
Aqui tedes algunha información sobre o que estamos a aprender.
Un saúdo


Xoan Herrera
( Movellán- Cantabria, 1530- Valdádiga- Madrid,1597)
ARQUITECTO
Arquitecto, matemático xeómetro
O estilo herreriano é sóbrio severo.
Era dunha familia de boa posición social .Estudou na Universidade de Valladolid “ Humanidades e Filosofía
Viaxou por Flandes ,Alemania e Italia .
Foi soldado no exército de Carlos I e o acompañou no seu retiro ao Mosteiro de Yuste
Trala súa morte pasa ao servizo de Filipe II.
Funda a academia de Matemáticas e Deliniación.
Os seus restos mortais están depositados na igresa de San Juán Bautista (Maliaño- Cantabria )
Traballo realizado por Lucía 6º de primaria

24/10/11

Chega o Samaín a escola. Entrade na páxina e seleccionade algún dos numerosos recursos que ten:

13/10/11

Practicando mecanografía

Ola familias:
Na clase de informática, o alumnado de 6º estamos practicando mecanografía para aprender a utilizar o teclado correctamente e así poder pasar as nosas autobiografías a ordenador.
Esperamos que vos gusten.
Un saúdo de todos e todas.

9/10/11

UNHA NOVA ETAPA


Este curso, os nenos e nenas de estamos na última etapa da Educación Primaria. Case somos os maiores do cole! Aínda que somos menos na clase, porque nos faltan dous compañeiros, temos moita ilusión e ganas de aprender.
Queremos desexarvos a todos e todas un bo inicio de curso!

29/9/11

O SAÚDO DE 6º CURSO


Queridas familias e compañeiros/as:

Xa remataron as vacacións de verán e coas pilas cargadas entramos no noso colexio cun compañeiro novo, DIEGO.
Pasámolo moi ben con él.


So queriamos dicirvos que vos divirtades e o pasedes moi ben neste novo curso.

24/6/11

Xavier Ríos na Galipedia

O alumnado do 6º curso preparou a entrada na Galipedia do pintor moañés Xavier Ríos:
Pouco a pouco, imos aumentando as colaboracións.

22/6/11

Visita ós estudios "ACUARELA VISIÓN"

O venres 20 de maio, os nenos e nenas de 5º de primaria realizaron unha visita ao estudio "Acuarela Visión" en Moaña.


Esta productora podemos atopala na rúa Ave do Mar, portal 1ºB-2ºB no Rosal.
Xan Leira, o director, recibiunos moi amablemente e deunos a coñecer o seu extenso traballo cuia finalidade é fomentar e dar a coñecer o patrimonio cultural de Galicia.


Esta productora abrangue un amplo campo de traballo, dende programas de T.V., películas, exposicións ata a edición de libros e revistas.


Podemos acceder ao seu traballo na páxina Web "Memoriadagaliza.com"


Xunto a Xan Leira recibíronnos Diana Reiter, coa que puidemos entender en qué consiste o traballo de maquetación, e Sara Pequeño Salgado que nos explicou como era o seu traballo nas montaxes de películas.

20/6/11

Preguntamos a Xavier Ríos

En 6º estamos empezando a despedirnos do colexio e como tiñamos unha actividade pendente de presentarvos, aquí vai.
            A visita ao taller do artista moañés Xavier Ríos axudounos a coñecer a súa obra e tamén, nos deu a posibilidade de coñecelo a el un pouco. Como non queriamos abusar moito da súa amabilidade e do seu tempo, deixámoslle un cuestionario que preparáramos entre todos e el envióunolo contestado a través do correo electrónico.

 BATERÍA DE PREGUNTAS A XAVIER RÍOS

A través da Internet poidemos ver algunhas das túas obras e hai cousas que nos chaman a atención e quixeramos saber. Por exemplo:
1-  O teu nome escríbese con v ou con b?
     Eu escribo con V pero creo que a normativa acepta as dúas.

2-  Existía a área de Plástica cando estudabas?
     Si , pero eran traballos manuais e debuxo.

3- Lembras cales eran na túa infancia as cousas que che gustaba pintar?
    Sobre todo moito debuxo a boli e lapis de cores ( animais e paisaxes),é o
que máis lembro.

4- Cantos anos levas pintando?
    A nivel máis profesional uns 25 anos.

5- Que é o que che inspira para traballar? 
    A memoria os recordos , os obxectos, os materiais, ...

6- Foi fácil empezar a expoñer?
    É coma calquer profesión, tés que ir pouco a pouco e solicitando os espazos máis    adecuados ao teu estilo.

7- Podes vivir do oficio de pintor e escultor?
Si se pode, pero é moi difícil.

8- Hai algún artista que che servira de guía de aprendizaxe?
Eu non teño un só artista , toda a historia da arte  dende o clásico ao moderno me interesa, creo que é a mellor aprendizaxe.

9- Como te sentes cando estás preparando un cadro ou unha escultura?
    Pásase por diferentes estados, dende a ilusión do principio ( a idea, os bocetos), o proceso, os cambios, as dúbidas , ata a satisfacción  do remate.

10- Algunha vez quixeches tirar algún cadro pola ventá?
Non, destruílo e cambialo, si.

11- Na información que lemos na Internet fálase moito da túa relación artística con outro pintor moañés, Lito Portela, é fácil traballar nunha obra entre dous?
Si, porque contrastas ideas e aportas experiencias .

12- Na túa obra hai tanto pintura como escultura, traballas as dúas ao mesmo tempo ou por etapas?
Están sempre relacionadas, unhas saen das outras.

13- Cando traballas, que tipos de materiais son os que utilizas?
Dende a fraxilidade do papel ou a cera ao brillo do metal ou a dureza da pedra.

14- Con que materiais traballas máis a gusto?
      Utilizo os materiais segundo a idea que traballe nese momento.

15- De ónde ven o teu interese pola papirofléxia como elemento de traballo artístico?
Eu utilizo no meu traballo as formas xeométricas  e a papiroflexia remite a elas.

16- Por que che gusta tanto a xeometría?
É unha forma de sintetizar as ideas, iso vai un pouco no carácter de cada persoa.

17- Que che gusta máis, a pintura ou a escultura?
       Gústanme as dúas.

18- Gustaríamos saber en que consiste a técnica mixta.
 A técnica mixta consiste na utilización de varios materias e técnicas na mesma obra.

19- A elección dos nomes para titular unha obra, como xurden( Pé, Refuxios, … )?
Os títulos son moi difíciles, pero eu escólloos segundo o tema que traballe en cada momento; normalmente fago series, un titulo para todas as obras.

20- Hai unha escultura que nos ten intrigados( nós chamámoslle Banco ) por un dos materiais que utilizaches, como fixeches para colocar os cristais?
      A escultura chámase Borrón e…  son borradores da escola pero dimensionados; os cristais están selados con silicona.

21- Percorrendo imaxes de obras túas vemos que cambias moito de temas e de estilos, é por evolución ou porque non che gusta dedicarte moito tempo ao mesmo motivo?
E por pura evolución da obra e o tempo.

22- Segues sentindo o mar como fondo de inspiración?
O vivir ao seu lado é unha inspiración constante.

23- No concello de Moaña hai expostas obras túas?
Si, O Avión, que está na rotonda do Rosal e un cadro nun despacho da casa do concello.

24- En que outros lugares?
 O Barco en Aldán , Bancos no paseo de Cangas e cadros na casa do concello e no Auditorio de Cangas

25- Tés predilección por un cadro teu en concreto? E por unha escultura?
Non todos teñen a sua importancia.

26-Como se chama a túa última obra?
Refuxios; é unha reflexión sobre as cabanas de árbores que se facían na infancia como xogo e como lugar para o escondite.

27- Que che gusta facer nos teus ratos libres?
Escoitar música, ler, nadar e andar…
Só nos queda darlle de novo as grazas por atendernos tan ben .
Saúdos e ata outra.

Despedida 6º

Quintela, xuño 2011

 
Ola!:

Como este ano marchamos para o instituto, queríamos despedirnos de vós con esta carta. Estamos un pouco tristes por deixar este colexio; algúns de nós levamos aquí desde Infantil e cóstanos un pouco máis irnos.O 22 de xuño xa nos vamos; pero volveremos de visita ao final de cada trimestre para ver aos antigos profesores e compañeiros.
Pasámolo moi ben neste colexio,sobre todo nas excursións (especialmente a de Manzaneda), festas… Pero tamén houbo momentos malos: os castigos,as broncas, os suspensos… O bonito foi que fixemos moitas amizades, que a partir de agora esperamos que duren toda a vida.

Desexamos facer novos amigos e amigas no instituto. Tamén teremos novos profesores, que esperamos que nos caian tan ben como os de Quintela.

Algúns de nós choraremos un pouco cando nos vaiamos o último día; en cambio, outros estarán bastante felices. Animarémonos un pouco coa festa de fin de curso.

No instituto teremos que estudar máis e estar máis atentos aos profesores; sin embargo, non seremos os maiores coma agora no colexio.



Botarémosvos de menos.

Un bico e un abrazo moi forte de parte de Patri, Fabián, Sabela, Ilian e do resto de 6º.



CODA:



Estamos todos tristes

por ter que marchar.

Este último ano

foi moi especial,

todos pasaremos

a un curso máis

pois este curso

estudamos máis.

E para o curso que vén,

usaremos moito o Pen.



4/6/11

Manzaneda 2011-6º

Diario da viaxe


Mércores, 1 de xuño


Saímos cargados de maletas e de nervios compartindo autobús cos colexios de Abelendo, A Guía e Tirán. Non paramos de falar e de rir durante todo o traxecto. A profe reclamaba a nosa atención, de cando en vez, para que nos fixáramos na paisaxe( as canteiras de Porriño, o río Avia, as marxes do Miño, etc. ); pero, a verdade é que iamos moi entretidos gozando entre nós e non prestamos moita atención. Haberá que volver a repetir para aprender xeografía!


 A media mañá, paramos en Ribadavia para merendar e dar un paseo pola vila medieval. Andivemos polas rúas estreitas e vimos casas moi antigas; pero, deunos moita gracia ver sinais de tráfico con adhesivos de cucarachas enriba.
 
Arredor das 3 da tarde chegamos á Estación de Cabeza de Manzaneda. Máis risas e nervios ata chegar aos apartamentos de 5 que nos tiñan asignados.  De seguido, comenzamos as actividades da tarde: beisbol e orientación. Fixemos grupo coas compañeiras e compañeiros de Tirán, que xa coñeciamos, e participamos con eles en todas  as actividades. Despois de cear marchamos a toda présa aos cuartos a acicalarnos para a sesión de discoteca. Con tanto traballo  xa non podemos máis e temos que ir durmir!

Ata mañá!

Xoves, 2   de xuño
 

Despois dunha noite de ruídos e pouco durmir empezamos o día  con  actividades dende a mañá ata a noite. Primeiro, para desentumecer as pernas, fixemos unha camiñata  de 10 a 12 polos arredores da estación en plena Serra da Queixa.











A continuación, fixemos actividades deportivas variadas: tenis, fútbol, …      



 Despois  do  xantar, fomos  montar a cabalo e en karts. A verdade é que o medo puido máis ante os cabalos que ante os karts, que foi todo un éxito.  










 




  


 Aínda nos quedaban a escalada e a aula da natureza antes do descanso e da cea. Houbo uns cantos valentes que escalaron toda a parede ou parte dela.


O día rematou coa velada no polideportivo.
Ata mañá


Venres, 3 de xuño

Chegou o día da despedida e de recollida de efectos persoais polos cuartos. Tivemos que deixar as habitacións recollidas e as maletas  no cuarto da profe ata a hora de saír. Despois ,  veu unha mañá cargada de actividades. Para espabilar estivemos xogando a xogos populares( chave, bolos, pano,… ). 

 
A continuación, fomos ao tiro con arco. 
 O remate foi na piscina. Saímos ben relaxados.


Despois de xantar, baixamos as maletas e , ao autobús.


Ata outra, Manzaneda.


P.D.: Paramos en Castro Caldelas para visitar o seu castelo e mercar o biscoito típico da zona: a bica. Debeu ser a auga da piscina e o cansazo acumulado que fixo que viñeramos bastante tranquilos no autobús

27/5/11

6º dramatiza

No Festival das Letras Galegas representamos a obra de teatro " O príncipe e o esmoleiro "( adaptación do conto de Mark Twain do mesmo título ). A obra está dividida en dous actos e o argumento é este:
A nosa historia puido ter sucedido a mediados do segundo milenio nunha cidade como Londres. Un día de outono, naceu no seo dunha familia miserable, chamada Canty, un neno que foi bautizado co nome de Tom e que non era desexado nin querido polos seus pais. O mesmo día, a raíña de Inglaterra tivo un fillo, o primeiro. Este si que era, máis que esperado, desexado por toda a familia e por todo o pobo. Por un estraño capricho da natureza, aqueles dous nenos acabados de nacer semellábanse moito. Sendo nenos, un día, atopáronse un fronte a outro e decidiron intercambiarse as súas roupas e familias... Que sucederá a partir daquí?


Reparto



Actriz
Personaxe
Actor
Personaxe
 Patricia
Tom
 Samuel
Narrador
 Alba
Narradora
 Anxo R.
Príncipe
 Noa
Bet
 David
John
 Irene
Nan
 Diego
Avó
 Martina
Raíña
 Ilian
Lord Protector
 Gara
Dama
 Carlos
Sir Norfolk
 Sheila
Lady St. John
 Esteban
Capitán
 Miryam
Lady Hertford
 Anxo B.
Garda 1
 Noelia
Paxe 1
 Juan
Garda 2
 Sabela
Paxe 2
Fabián
Garda 3


Pablo
Garda 4

A continuación mostramos 2 fotos de todos nós caracterizados:






Anécdotas das representacións 

Cada vez que miraba para o público o corazón se me poñía a cen porque estaba mirando a meu pai que viñera de sorpresa. E vaia sorpresa que me deu!
Ilian

Cando ía saír á escena para narrar choquei contra unha árbore de madeira que tiña diante; pero, non caín.
Samuel

En plena actuación soou un móbil no camerino. A todos nos deu a risa; pero, silenciosa.
Noa

Con tanta calor que houbo o día da representación para as familias saqueime o gorro de soldado mentres esperaba no camerino e logo, saín a escena con el sen colocar. 
Fabián e Pablo

A porta de acceso ao camerino non abre por dentro e non puiden saír a coller a coroa de rei e tiven que usar a da raíña.
Patri

A punta dunha das lanzas rompeu xusto antes de actuar por 2ª vez e houbo que pegala con celo a toda presa.
Pablo

Houbo unha palabra que se me atascou( compracido ) e cambieille o acento. Menos mal que as risas dos do camerino non se escoitaron. 
David

Equivoqueime e case ninguén se decatou.
Martina 

 A perruca de príncipe puxémola coa parte de atrás para adiante e resultaba un pouco estraña.

Anxo R.

Non escoitamos ben e saímos a escena máis tarde do debido.
Sheila e Ilian

Unha das veces que saín a facer de narradora engancheime nunha lanza e quiteina a correr.
Alba

Enredeime no telón de fondo e non atopaba a abertura para saír a presentar.
Noa

Empecei a presentar o festival e, de súpeto, o micrófono quedou sen pilas e tiven que seguir ata acabar a primeira presentación.
Carlos

Os nervios fixeron que correse tanto que me adiantei aos compañeiros.
Miryam e David

Tiven que aguantar a risa durante a miña representación porque o personaxe de príncipe facíame rir.
Anxo B.

A 1º representación, para o colexio, saíu mellor que a 2º porque nesta apareceron os nervios por ter a familia  de público. Polo demais, foi todo un proceso de aprendizaxe teatral que requeriu moito esforzo, traballo e organización. Os meus parabéns a todos e todas.
A titora

26/5/11

Viaxe a Manzaneda

As datas cambian un pouco, pero polo demais, a presentación está de actualidade. Fixádevos que hai enlaces en algunhas palabras, para saber algo máis.

Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas