Mostrando entradas con la etiqueta Alumnos/as de 6º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alumnos/as de 6º. Mostrar todas las entradas

22/3/12

Presentamos...a comarca da Paradanta

Os alumnos e alumnas de 6º fixemos unhas presentacións relacionadas coas comarcas da provincia de Pontevedra.
Aquí tedes a de Alejandra sobre A Paradanta




31/1/12

Manifesto pola paz de sexto curso

MANIFESTO POLA PAZ

Que bonita é a paz.

Se todo fose compartir, ser bó, non pelexar,... sería marabilloso.

Querémosvos transmitir que neste dia tan fermoso, polo menos un dia ao ano, haxa armonía e serenidade; que todos sexamos solidarios.

Que non haxa tantas mortes nin roubos...
Que non se maltrate nin ás mulleres nin aos nenos.
Axudar ás persoas e aos nenos necesitados.
Que non haxa guerras nos países; que todos nos levemos ben.
Que as armas se queimen todas e non quede ningunha.

Hai moitos conflictos no mundo, por iso, o 30 de xaneiro celébrase o dia da Paz e todos os pacifistas loitan por un mundo mellor para todos.

Non existen as diferencias humanas nin entre as distintas razas, nin entre mulleres nin homes; todos somos iguais.

As pombas da Paz surcan os ceos e todos estamos en paz.

Queremos un mundo con solidariedade, amor, xenerosidade. Sen pobreza, no dia da Paz e ningún dia ao ano.

Que a felicidade invada todos os países, a todos os nenos e nenas, aos homes e mulleres. E que todos aqueles que no seu tempo axudaron aos mais necesitados, que nunca se olviden.

O dia da Paz é un dia para soñar, rir, alegrar.

A palabra Paz dícese en moitos idiomas pero significa o mesmo: amar, respectar, ser solidario.

Todos queremos o mesmo "Un mundo pacifista sen maltratos, sen guerras,..."

Por iso, grazas a Gandhi, creouse un dia máxico para todas as persoas, " o dia da Paz".

Neste dia pensamos nos premios Nobel da Paz, en todas as persoas que loitan e loitaron por un futuro mellor, como Nelson Mandela e a nai Teresa de Calcuta.

O dia 30 de xaneiro é moi importante para nós porque grazas ás persoas que loitaron pola paz temos un mundo marabilloso e sempre cando chega esta data acordámonos deles.

E sempre neste dia escoítase en calquera lugar a palabra máxica PAZ.

(Texto elaborado por Sara, Lindberg, Lucía,Rodrigo e Yaiza de 6º de primaria)

27/10/11

A arte na Idade Contemporánea

Os alumnos e alumnas de 6º estamos a estudiar a arte na Idade Moderna.
Aqui tedes algunha información sobre o que estamos a aprender.
Un saúdo


Xoan Herrera
( Movellán- Cantabria, 1530- Valdádiga- Madrid,1597)
ARQUITECTO
Arquitecto, matemático xeómetro
O estilo herreriano é sóbrio severo.
Era dunha familia de boa posición social .Estudou na Universidade de Valladolid “ Humanidades e Filosofía
Viaxou por Flandes ,Alemania e Italia .
Foi soldado no exército de Carlos I e o acompañou no seu retiro ao Mosteiro de Yuste
Trala súa morte pasa ao servizo de Filipe II.
Funda a academia de Matemáticas e Deliniación.
Os seus restos mortais están depositados na igresa de San Juán Bautista (Maliaño- Cantabria )
Traballo realizado por Lucía 6º de primaria

13/10/11

Practicando mecanografía

Ola familias:
Na clase de informática, o alumnado de 6º estamos practicando mecanografía para aprender a utilizar o teclado correctamente e así poder pasar as nosas autobiografías a ordenador.
Esperamos que vos gusten.
Un saúdo de todos e todas.

29/9/11

O SAÚDO DE 6º CURSO


Queridas familias e compañeiros/as:

Xa remataron as vacacións de verán e coas pilas cargadas entramos no noso colexio cun compañeiro novo, DIEGO.
Pasámolo moi ben con él.


So queriamos dicirvos que vos divirtades e o pasedes moi ben neste novo curso.

24/6/11

Xavier Ríos na Galipedia

O alumnado do 6º curso preparou a entrada na Galipedia do pintor moañés Xavier Ríos:
Pouco a pouco, imos aumentando as colaboracións.

20/6/11

Preguntamos a Xavier Ríos

En 6º estamos empezando a despedirnos do colexio e como tiñamos unha actividade pendente de presentarvos, aquí vai.
            A visita ao taller do artista moañés Xavier Ríos axudounos a coñecer a súa obra e tamén, nos deu a posibilidade de coñecelo a el un pouco. Como non queriamos abusar moito da súa amabilidade e do seu tempo, deixámoslle un cuestionario que preparáramos entre todos e el envióunolo contestado a través do correo electrónico.

 BATERÍA DE PREGUNTAS A XAVIER RÍOS

A través da Internet poidemos ver algunhas das túas obras e hai cousas que nos chaman a atención e quixeramos saber. Por exemplo:
1-  O teu nome escríbese con v ou con b?
     Eu escribo con V pero creo que a normativa acepta as dúas.

2-  Existía a área de Plástica cando estudabas?
     Si , pero eran traballos manuais e debuxo.

3- Lembras cales eran na túa infancia as cousas que che gustaba pintar?
    Sobre todo moito debuxo a boli e lapis de cores ( animais e paisaxes),é o
que máis lembro.

4- Cantos anos levas pintando?
    A nivel máis profesional uns 25 anos.

5- Que é o que che inspira para traballar? 
    A memoria os recordos , os obxectos, os materiais, ...

6- Foi fácil empezar a expoñer?
    É coma calquer profesión, tés que ir pouco a pouco e solicitando os espazos máis    adecuados ao teu estilo.

7- Podes vivir do oficio de pintor e escultor?
Si se pode, pero é moi difícil.

8- Hai algún artista que che servira de guía de aprendizaxe?
Eu non teño un só artista , toda a historia da arte  dende o clásico ao moderno me interesa, creo que é a mellor aprendizaxe.

9- Como te sentes cando estás preparando un cadro ou unha escultura?
    Pásase por diferentes estados, dende a ilusión do principio ( a idea, os bocetos), o proceso, os cambios, as dúbidas , ata a satisfacción  do remate.

10- Algunha vez quixeches tirar algún cadro pola ventá?
Non, destruílo e cambialo, si.

11- Na información que lemos na Internet fálase moito da túa relación artística con outro pintor moañés, Lito Portela, é fácil traballar nunha obra entre dous?
Si, porque contrastas ideas e aportas experiencias .

12- Na túa obra hai tanto pintura como escultura, traballas as dúas ao mesmo tempo ou por etapas?
Están sempre relacionadas, unhas saen das outras.

13- Cando traballas, que tipos de materiais son os que utilizas?
Dende a fraxilidade do papel ou a cera ao brillo do metal ou a dureza da pedra.

14- Con que materiais traballas máis a gusto?
      Utilizo os materiais segundo a idea que traballe nese momento.

15- De ónde ven o teu interese pola papirofléxia como elemento de traballo artístico?
Eu utilizo no meu traballo as formas xeométricas  e a papiroflexia remite a elas.

16- Por que che gusta tanto a xeometría?
É unha forma de sintetizar as ideas, iso vai un pouco no carácter de cada persoa.

17- Que che gusta máis, a pintura ou a escultura?
       Gústanme as dúas.

18- Gustaríamos saber en que consiste a técnica mixta.
 A técnica mixta consiste na utilización de varios materias e técnicas na mesma obra.

19- A elección dos nomes para titular unha obra, como xurden( Pé, Refuxios, … )?
Os títulos son moi difíciles, pero eu escólloos segundo o tema que traballe en cada momento; normalmente fago series, un titulo para todas as obras.

20- Hai unha escultura que nos ten intrigados( nós chamámoslle Banco ) por un dos materiais que utilizaches, como fixeches para colocar os cristais?
      A escultura chámase Borrón e…  son borradores da escola pero dimensionados; os cristais están selados con silicona.

21- Percorrendo imaxes de obras túas vemos que cambias moito de temas e de estilos, é por evolución ou porque non che gusta dedicarte moito tempo ao mesmo motivo?
E por pura evolución da obra e o tempo.

22- Segues sentindo o mar como fondo de inspiración?
O vivir ao seu lado é unha inspiración constante.

23- No concello de Moaña hai expostas obras túas?
Si, O Avión, que está na rotonda do Rosal e un cadro nun despacho da casa do concello.

24- En que outros lugares?
 O Barco en Aldán , Bancos no paseo de Cangas e cadros na casa do concello e no Auditorio de Cangas

25- Tés predilección por un cadro teu en concreto? E por unha escultura?
Non todos teñen a sua importancia.

26-Como se chama a túa última obra?
Refuxios; é unha reflexión sobre as cabanas de árbores que se facían na infancia como xogo e como lugar para o escondite.

27- Que che gusta facer nos teus ratos libres?
Escoitar música, ler, nadar e andar…
Só nos queda darlle de novo as grazas por atendernos tan ben .
Saúdos e ata outra.

Despedida 6º

Quintela, xuño 2011

 
Ola!:

Como este ano marchamos para o instituto, queríamos despedirnos de vós con esta carta. Estamos un pouco tristes por deixar este colexio; algúns de nós levamos aquí desde Infantil e cóstanos un pouco máis irnos.O 22 de xuño xa nos vamos; pero volveremos de visita ao final de cada trimestre para ver aos antigos profesores e compañeiros.
Pasámolo moi ben neste colexio,sobre todo nas excursións (especialmente a de Manzaneda), festas… Pero tamén houbo momentos malos: os castigos,as broncas, os suspensos… O bonito foi que fixemos moitas amizades, que a partir de agora esperamos que duren toda a vida.

Desexamos facer novos amigos e amigas no instituto. Tamén teremos novos profesores, que esperamos que nos caian tan ben como os de Quintela.

Algúns de nós choraremos un pouco cando nos vaiamos o último día; en cambio, outros estarán bastante felices. Animarémonos un pouco coa festa de fin de curso.

No instituto teremos que estudar máis e estar máis atentos aos profesores; sin embargo, non seremos os maiores coma agora no colexio.



Botarémosvos de menos.

Un bico e un abrazo moi forte de parte de Patri, Fabián, Sabela, Ilian e do resto de 6º.



CODA:



Estamos todos tristes

por ter que marchar.

Este último ano

foi moi especial,

todos pasaremos

a un curso máis

pois este curso

estudamos máis.

E para o curso que vén,

usaremos moito o Pen.



4/6/11

Manzaneda 2011-6º

Diario da viaxe


Mércores, 1 de xuño


Saímos cargados de maletas e de nervios compartindo autobús cos colexios de Abelendo, A Guía e Tirán. Non paramos de falar e de rir durante todo o traxecto. A profe reclamaba a nosa atención, de cando en vez, para que nos fixáramos na paisaxe( as canteiras de Porriño, o río Avia, as marxes do Miño, etc. ); pero, a verdade é que iamos moi entretidos gozando entre nós e non prestamos moita atención. Haberá que volver a repetir para aprender xeografía!


 A media mañá, paramos en Ribadavia para merendar e dar un paseo pola vila medieval. Andivemos polas rúas estreitas e vimos casas moi antigas; pero, deunos moita gracia ver sinais de tráfico con adhesivos de cucarachas enriba.
 
Arredor das 3 da tarde chegamos á Estación de Cabeza de Manzaneda. Máis risas e nervios ata chegar aos apartamentos de 5 que nos tiñan asignados.  De seguido, comenzamos as actividades da tarde: beisbol e orientación. Fixemos grupo coas compañeiras e compañeiros de Tirán, que xa coñeciamos, e participamos con eles en todas  as actividades. Despois de cear marchamos a toda présa aos cuartos a acicalarnos para a sesión de discoteca. Con tanto traballo  xa non podemos máis e temos que ir durmir!

Ata mañá!

Xoves, 2   de xuño
 

Despois dunha noite de ruídos e pouco durmir empezamos o día  con  actividades dende a mañá ata a noite. Primeiro, para desentumecer as pernas, fixemos unha camiñata  de 10 a 12 polos arredores da estación en plena Serra da Queixa.











A continuación, fixemos actividades deportivas variadas: tenis, fútbol, …      



 Despois  do  xantar, fomos  montar a cabalo e en karts. A verdade é que o medo puido máis ante os cabalos que ante os karts, que foi todo un éxito.  










 




  


 Aínda nos quedaban a escalada e a aula da natureza antes do descanso e da cea. Houbo uns cantos valentes que escalaron toda a parede ou parte dela.


O día rematou coa velada no polideportivo.
Ata mañá


Venres, 3 de xuño

Chegou o día da despedida e de recollida de efectos persoais polos cuartos. Tivemos que deixar as habitacións recollidas e as maletas  no cuarto da profe ata a hora de saír. Despois ,  veu unha mañá cargada de actividades. Para espabilar estivemos xogando a xogos populares( chave, bolos, pano,… ). 

 
A continuación, fomos ao tiro con arco. 
 O remate foi na piscina. Saímos ben relaxados.


Despois de xantar, baixamos as maletas e , ao autobús.


Ata outra, Manzaneda.


P.D.: Paramos en Castro Caldelas para visitar o seu castelo e mercar o biscoito típico da zona: a bica. Debeu ser a auga da piscina e o cansazo acumulado que fixo que viñeramos bastante tranquilos no autobús

26/5/11

Viaxe a Manzaneda

As datas cambian un pouco, pero polo demais, a presentación está de actualidade. Fixádevos que hai enlaces en algunhas palabras, para saber algo máis.

4/3/11

Os de sexto investigan sobre o Entroido tradicional no Morrazo

O MORRAZO NA RÍA DE VIGO


Mapa feito por Anxo Rúa 6º en corel draw 12


Cada concello ten a súa maneira particular de celebrar o Entroido e dentro de cada un deles hai lugares nos que está moi arraigado e é moi vivido polas súas xentes; tanto é así que a fama que teñen fai que sexan foco de atracción de novos e non tan novos doutros lugares da comarca. Falamos, por exemplo, do Hío ou  de Sanadrián e Santa Cristina de Cobres.
A continuación, sinalamos os distintos concellos da comarca e os  enlaces cos que se pode acceder a máis información sobre o Entroido en cada lugar.
  1. Cangas: Hío - Aldán
  2. Moaña: Moaña - Meira 

2/3/11

Subcampeóns da 4º División Galega de xadrez

O clube de xadrez de Moaña, Bobby Fischer, alcanzou o subcampeonato de Liga o pasado febreiro no CEIP de Nigrán no que participaron un total de nove equipos.
Dous xogadores do equipo son os alumnos de sexto do noso colexio: Anxo Rúa e Carlos Urdampilleta.
Os nosos parabéns para eles.

31/1/11

Quintela en 3D

Este é un traballo realizado por Anxo Rúa, alumnos de 6º curso.

26/11/10

Unha visión diferente

Este é un traballo dixital do alumno de 6º de Primaria Anxo Rúa sobre a igrexa de San Martiño de Moaña

24/11/10

Os cogumelos

Onte os nenos e nenas de 5º e 6º curso asistiron a unha charla moi interesante sobre as setas.

O conferenciante foi Manuel Méndez, gran aficionado as setas, que nos trouxo uns exemplares recolectados esa mesma mañá nos montes de Moaña.



Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas