Mostrando entradas con la etiqueta Alumnos/as de 5º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alumnos/as de 5º. Mostrar todas las entradas

22/3/12

Aprendemos unha nova ferramenta

Estas últimas semanas, a clase de 5º de primaria, estivo traballando o programa Movie Maker nas clases de informática. O resultado foi excelente. Aquí amosamos un exemplo dun dos videos creados.


9/10/11

UNHA NOVA ETAPA


Este curso, os nenos e nenas de estamos na última etapa da Educación Primaria. Case somos os maiores do cole! Aínda que somos menos na clase, porque nos faltan dous compañeiros, temos moita ilusión e ganas de aprender.
Queremos desexarvos a todos e todas un bo inicio de curso!

22/6/11

Visita ós estudios "ACUARELA VISIÓN"

O venres 20 de maio, os nenos e nenas de 5º de primaria realizaron unha visita ao estudio "Acuarela Visión" en Moaña.


Esta productora podemos atopala na rúa Ave do Mar, portal 1ºB-2ºB no Rosal.
Xan Leira, o director, recibiunos moi amablemente e deunos a coñecer o seu extenso traballo cuia finalidade é fomentar e dar a coñecer o patrimonio cultural de Galicia.


Esta productora abrangue un amplo campo de traballo, dende programas de T.V., películas, exposicións ata a edición de libros e revistas.


Podemos acceder ao seu traballo na páxina Web "Memoriadagaliza.com"


Xunto a Xan Leira recibíronnos Diana Reiter, coa que puidemos entender en qué consiste o traballo de maquetación, e Sara Pequeño Salgado que nos explicou como era o seu traballo nas montaxes de películas.

19/5/11

Preciosas leitugas

Este mércores pasado, 18 de maio, recollemos as leitugas na horta escolar. O rego case diario (repartido, semanalmente, entre 5º e 6º) e a limpieza das malas herbas deu o seu froito: unhas brillantes e apetitosas leitugas .

Comprobalo vós mesmos coas fotos:






Anxo Rúa Refojos  e  Fabián Pombal Martínez 6º

3º ciclo coñece ao artista plástico moañés Xavier Ríos

O pasado xoves, 12 de maio, tivemos a honra de achegarnos ao taller de Xavier Ríos, un pintor e escultor que vive moi preto do noso colexio, a só uns 5 minutos de distancia e nós sen sabelo. Coñecemos parte da súa obra escultórica exposta (para nós) na súa finca e co mar da ría de fondo. Os barcos construídos a partir de triángulos eran a base da maioría das pezas; pero, había algo máis. Tanto podían formar parte dunha nora  como dun columpio; por non falar dos distintos materiais empregados: granito, ferro, aceiro... Dentro do taller a cousa foi distinta: un mesmo motivo de diversas formas(con papel, con metal, con goma...).
Cos cadros pasou o mesmo: formas xeométricas e composicións con elas.
A partir daquí soubemos da súa maneira de traballar organizándose en en series:a memoria,borrón,
refuxios,... Contounos que el sempre ten moi presente a referencia constante á infancia (a escola,os xogos).
Tan preto de nós e ao mesmo tempo, expoñendo en distintos lugares, dende Moaña ás demais cidades de Galicia,Madrid e Portugal.
Só nos queda darlle as grazas e escribir aquí algunhas palabras.
As fotos ilustran a nosa visita.


 









Noa e Irene 6º



4/5/11

Temos campións en Quintela

Os días 30 de abril e 1 de maio os remeiros de Tirán foron a Ferrol para competir no Campionato de España de bateis.

Participaron clubs procedentes de Cantabria, País Vasco, Asturias e Galicia.

O equipo infantil de Tirán quedou de primeiro e gañou a bandeira.

Entre os integrantes deste equipo estiveron os nosos compañeiros Brais González Martínez de 5º e Pablo López Romero de 6º.

PARABÉNS COMPAÑEIROS!!!

13/4/11

Visita a "Arte Moaña 11"

O alumnado de 4º, 5º e 6º visitamos a exposición de 24 artistas de Moaña que ten como título Arte Moaña 11. Inaugurouse o sábado 9 de abril na planta superior da praza de abastos de Moaña e permanecerá aberta ata finales de abril. Vimos cadros, esculturas, fotografías e instalacións da arte máis recente.
      Aos de 6º gustounos ver unha escultura de Lito Portela xa que tivemos a honra de  visitar o seu taller o curso pasado. Como este curso visitaremos xunto cos de 5º a outro artista ( Xavier Ríos ) buscamos unha obra súa e tamén a encontramos. Chamounos moito a atención a gran dama da entrada e o prisma de ilusión.
     Estaban na exposición dous dos artistas con obra exposta ( Xulio Lago e María Jalda ) e quedaron encantados ao ver a tantas nenas e nenos alí. Tanto é así que María Jalda deunos unha charla sobre montaxe da exposición, do valor das obras presentadas e da importancia das mesmas.
     A continuación, mostrámosvos fotos dalgunhas das obras e da nosa visita.

Juan Salgueiro

Roberto Brañas

 
instalacións

 
Lito Portela

Xixo Miranda
Loreto

 Xabier Ríos

 

Cristina Carvajal
A dama


9/4/11

Illas Cíes

Os nenos e nenas de 5º curso visitaron as Illas Cíes

15/3/11

UNHA VISITA MOI INTERESANTE

Os nenos e as nenas de 5º curso recibimos onte a visita de Bea.

É unha das guías do Parque Nacional marítimo- terrestre das illas Atlánticas de Galicia.

Aprendimos moitas cousas con ela:


que é un parque nacional; que significa que sexa marítimo- terrestre; cales son as illas Atlánticas de Galicia; que tipo de flora e fauna teñen; cales son os modos de vida dalgunhas das súas aves; como debemos actuar nós para coidar este entorno...

Foi unha visita moi interesante e divertida pois non se esqueceu de traernos un xogo para que aprendéramos divertíndonos.


Agora temos que esperar a ter sorte co tempo para poder facer unha excursión ás illas Cíes.

4/3/11

Lenda da Coruña e da Torre de Hércules

Hai varias lendas relacionadas coa súa construción.
Unha delas é que Hércules matou ao xigante Gerión para salvar ao pobo Brigantium.
Gerión era un dictador e quedábase coa metade das posesións dos seus súbditos,incluso cos seus fillos.
Hércules matou a Gerión e enterrou a cabeza. Xusto enriba colocou unha antorcha.
Dalí medrou un pobo que se chamou Cruña, porque a primeira habitante chamouse Cruña.
Os cidadáns de Cruña puxéronlle ó seu faro este nome, conmemorando a Hércules. "A Torre de Hércules"   Yaiza Portela 5º

                      

16/12/10

Temos mascota na clase de 5º


Andrea Pérez troúxonos a clase un precioso hámster.


Despois dunha votación decidimos que se chamaría "Chip".


Xa lle temos preparada a súa casa con todo tipo de comodidades.

24/11/10

Os cogumelos

Onte os nenos e nenas de 5º e 6º curso asistiron a unha charla moi interesante sobre as setas.

O conferenciante foi Manuel Méndez, gran aficionado as setas, que nos trouxo uns exemplares recolectados esa mesma mañá nos montes de Moaña.



20/11/10

Museo Massó en Bueu

A antiga fábrica de conservas Massó en Bueu hoxe é un museo público . A familia Massó tiña unha importante colección de obxectos e libros relacionados co mar . Grazas á visita de Marconi e aos seus consellos inauguraron un museo privado en 1932.

Actualmente, o museo pertence a Xunta de Galicia, e polo tanto, é publico. Consta de 3 salas: a 1ª está dedicada as embarcacións tradicionais, a industria conserveira, o salazón do peixe e a caza da balea.


A 2ª sala alberga a biblioteca da familia Massó, maquetas de barcos antigos, instrumentos náuticos e gravados.




A 3ª sala está dedicada a exposicións temporais e tamén dispón dun espazo para audiovisuais.


O protagonista é o mar e por iso, o museo abre as súas portas ao exterior: Un museo de portas para fóra coa finalidade de conectar co ambiente que o arrodea porque o edificio está próximo ao porto de Bueu, aomercado de peixe e á lonxa, á praia e a unha carpintería de ribeira.O persoal do museo pretende conectar o interior do museo coa realidade mariñeira de Bueu e conségueo porque as explicación sda guía son moi claras e comprensibles.


5/11/10

UNHA INTERESANTE EXPERIENCIA


ONTE O TERCEIRO CICLO DE QUINTELA, XUNTO CON OUTROS CENTROS, TIVEMOS UNHA VIDEOCONFERENCIA CUNS CIENTÍFICOS GALEGOS QUE ESTÁN INVESTIGANDO NAS UNIVERSIDADES DE XENEBRA E SANTIAGO.

A científica Teresa e o científico Abraham faláronnos dende Xenebra dos átomos e das súas partes máis pequenas e Elena, dende Santiago, falounos dos buracos negros.

Como era tan interesante achegáronse moitos profesores tamén.

É a primeira vez que uns científicos fan unha videoconferencia con centros escolares.

Pareceunos un traballo moi "interesante". Teñen un traballo moi difícil, de moita dedicación e teñen que estudar moito para estar preparados.

Estes traballos axúdannos a saber máis sobre a vida e o universo.

Tamén aclaráronnos dúbidas, como que o planeta non vai a estoupar ou que non o vai tragar un buraco negro.

Son un bó exemplo, porque aínda que están noutro país non esqueceron a súa lingua natal.

Alumnos e alumnas de 5º.

29/10/10

Saída á igrexa de San Martiño


O mércores a nosa clase de 5º e os nenos e nenas de 6º, fomos ver a igrexa de San Martiño en Abelendo.

Fomos acompañados das nosas profesoras María e Inés, do profesor de inglés Eric e unha profesora de prácticasque se chama tamén María.

A ruta pareceunos un pouco longa, pero falando cos compañeiros foi moito mellor, e aínda por riba iamos falando en inglés con Eric!

Vimos que a igrexa é de estilo románico, que ten unhas ventás moi estreitas e uns muros moi anchos. Tamén puidemos vela por dentro, con moitas flores de todo tipo.

A profesora fixo grupos para pintala de fronte, de lado... e algúns profes tamén se animaron, sobre todo Eric que é un gran artista!

Ao final xogamos, bebemos na fonte e merendamos.

Foi un día inolvidable!
Alumnos/as de 5º curso

15/6/10

Lito Portela

Anxo Rúa, alumno de 5º, fixo este xogo cos cadros do artista moañés Lito Portela

10/5/10

Diario da plantación das ervillas e as patacas















5 de marzo:

Plantamos dúas sementes de ervilla cada un de nós nunha maceta pequeniña de plástico.


11 de marzo:

Xermolaron 5 sementes e aproveitamos para regar.


12 de marzo:

Xermolaron 10 máis.

15 de marzo:

Xa hai 20 de 22 cunha media de 4 cm de altura cunha cor verde e amarela.


16 de marzo:

Seguen sen nacer dúas,medraron en altura e a penas se lles nota a cor amarela.


17 de marzo:

Xa teñen follas e só queda unha por nacer. Seguen a medrar en altura.


18 de marzo:

Todas naceron e seguen a medrar.


22 de marzo:

Hoxe baixamos a plantalas na horta escolar. De un en un e de unha en unha fomos enterrándoas nos buratos que estaban preparados polo profe Antón.


24 de marzo:

Na clase cortamos as patacas por onde tiñan un ollo.
Cando acabamos baixamos á horta e enterramos cada unha nun buraco diante das ervillas .
Os que acabaron foron buscar paus para poñerlle ás ervillas diante para que non se doblasen.
Logo encontramos a CARMEN e a ANTÓN (pero iso e outra historia).
10 de maio:
Pasou moito tempo sen escribir no diario porque había que esperar a que medrasen as plantas. Unha vez por semana iamos ver os avances e un día houbo que cachar as malas herbas de arredor. Non está habendo o tempo meteorolóxico necesario para a maduración das dúas hortalizas. Necesitan sol, pero chove de máis.
18 de xuño:
Levamos un mes sen anotar nada porque había que esperar ata que estiveran listas para apañar. Hoxe, por fin, tenios a colleita de ervillas e de patacas e que compartimos cos compañeiros e compañeiras de ciclo.As ervillas levarémolas para compartir coa nosa familia; pero as patacas ímolas deixar na aula ata setembro para:
FACER TORTILLAS
Queremos aportar dúas suxestións a ter en conta o curso que ven para mellorar o uso da horta: cambiar a ubicación da horta e o equipo de mantemento do concello que veña máis a miúdo a quitar as malas herbas

10/4/10

Forest

En Inglés traballamos coas novas tecnoloxías. Este é outro traballo de Anxo Rúa.

26/3/10

Wellcome to Moaña

Anxo Rúa de Quinto curso preparou este vídeo de Moaña para a clase de Inglés

Vídeo de Moaña.

Este vídeo fíxono Anxo Rúa Refojos, de Quinto curso.

Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas