En 6º estamos empezando a despedirnos do colexio e como tiñamos unha actividade pendente de presentarvos, aquí vai.
A visita ao taller do artista moañés Xavier Ríos axudounos a coñecer a súa obra e tamén, nos deu a posibilidade de coñecelo a el un pouco. Como non queriamos abusar moito da súa amabilidade e do seu tempo, deixámoslle un cuestionario que preparáramos entre todos e el envióunolo contestado a través do correo electrónico.
BATERÍA DE PREGUNTAS A XAVIER RÍOS
A través da Internet poidemos ver algunhas das túas obras e hai cousas que nos chaman a atención e quixeramos saber. Por exemplo:
1- O teu nome escríbese con v ou con b?
Eu escribo con V pero creo que a normativa acepta as dúas.
2- Existía a área de Plástica cando estudabas?
Si , pero eran traballos manuais e debuxo.
3- Lembras cales eran na túa infancia as cousas que che gustaba pintar?
Sobre todo moito debuxo a boli e lapis de cores ( animais e paisaxes),é o
que máis lembro.
4- Cantos anos levas pintando?
A nivel máis profesional uns 25 anos.
5- Que é o que che inspira para traballar?
A memoria os recordos , os obxectos, os materiais, ...
6- Foi fácil empezar a expoñer?
É coma calquer profesión, tés que ir pouco a pouco e solicitando os espazos máis adecuados ao teu estilo.
7- Podes vivir do oficio de pintor e escultor?
Si se pode, pero é moi difícil.
8- Hai algún artista que che servira de guía de aprendizaxe?
Eu non teño un só artista , toda a historia da arte dende o clásico ao moderno me interesa, creo que é a mellor aprendizaxe.
9- Como te sentes cando estás preparando un cadro ou unha escultura?
Pásase por diferentes estados, dende a ilusión do principio ( a idea, os bocetos), o proceso, os cambios, as dúbidas , ata a satisfacción do remate.
10- Algunha vez quixeches tirar algún cadro pola ventá?
Non, destruílo e cambialo, si.
11- Na información que lemos na Internet fálase moito da túa relación artística con outro pintor moañés, Lito Portela, é fácil traballar nunha obra entre dous?
Si, porque contrastas ideas e aportas experiencias .
12- Na túa obra hai tanto pintura como escultura, traballas as dúas ao mesmo tempo ou por etapas?
Están sempre relacionadas, unhas saen das outras.
13- Cando traballas, que tipos de materiais son os que utilizas?
Dende a fraxilidade do papel ou a cera ao brillo do metal ou a dureza da pedra.
14- Con que materiais traballas máis a gusto?
Utilizo os materiais segundo a idea que traballe nese momento.
15- De ónde ven o teu interese pola papirofléxia como elemento de traballo artístico?
Eu utilizo no meu traballo as formas xeométricas e a papiroflexia remite a elas.
16- Por que che gusta tanto a xeometría?
É unha forma de sintetizar as ideas, iso vai un pouco no carácter de cada persoa.
17- Que che gusta máis, a pintura ou a escultura?
Gústanme as dúas.
18- Gustaríamos saber en que consiste a técnica mixta.
A técnica mixta consiste na utilización de varios materias e técnicas na mesma obra.
19- A elección dos nomes para titular unha obra, como xurden( Pé, Refuxios, … )?
Os títulos son moi difíciles, pero eu escólloos segundo o tema que traballe en cada momento; normalmente fago series, un titulo para todas as obras.
20- Hai unha escultura que nos ten intrigados( nós chamámoslle Banco ) por un dos materiais que utilizaches, como fixeches para colocar os cristais?
A escultura chámase Borrón e… son borradores da escola pero dimensionados; os cristais están selados con silicona.
21- Percorrendo imaxes de obras túas vemos que cambias moito de temas e de estilos, é por evolución ou porque non che gusta dedicarte moito tempo ao mesmo motivo?
E por pura evolución da obra e o tempo.
22- Segues sentindo o mar como fondo de inspiración?
O vivir ao seu lado é unha inspiración constante.
23- No concello de Moaña hai expostas obras túas?
Si, O Avión, que está na rotonda do Rosal e un cadro nun despacho da casa do concello.
24- En que outros lugares?
O Barco en Aldán , Bancos no paseo de Cangas e cadros na casa do concello e no Auditorio de Cangas
25- Tés predilección por un cadro teu en concreto? E por unha escultura?
Non todos teñen a sua importancia.
26-Como se chama a túa última obra?
Refuxios; é unha reflexión sobre as cabanas de árbores que se facían na infancia como xogo e como lugar para o escondite.
27- Que che gusta facer nos teus ratos libres?
Escoitar música, ler, nadar e andar…
Só nos queda darlle de novo as grazas por atendernos tan ben .
Saúdos e ata outra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Escribe aquí os teus comentarios.Non esquezas por o teu nome.Saírá publicado cando nos chegue.