No Festival das Letras Galegas representamos a obra de teatro " O príncipe e o esmoleiro "( adaptación do conto de Mark Twain do mesmo título ). A obra está dividida en dous actos e o argumento é este:
A nosa historia puido ter sucedido a mediados do segundo milenio nunha cidade como Londres. Un día de outono, naceu no seo dunha familia miserable, chamada Canty, un neno que foi bautizado co nome de Tom e que non era desexado nin querido polos seus pais. O mesmo día, a raíña de Inglaterra tivo un fillo, o primeiro. Este si que era, máis que esperado, desexado por toda a familia e por todo o pobo. Por un estraño capricho da natureza, aqueles dous nenos acabados de nacer semellábanse moito. Sendo nenos, un día, atopáronse un fronte a outro e decidiron intercambiarse as súas roupas e familias... Que sucederá a partir daquí?
Reparto
Actriz | Personaxe | Actor | Personaxe |
Patricia | Tom | Samuel | Narrador |
Alba | Narradora | Anxo R. | Príncipe |
Noa | Bet | David | John |
Irene | Nan | Diego | Avó |
Martina | Raíña | Ilian | Lord Protector |
Gara | Dama | Carlos | Sir Norfolk |
Sheila | Lady St. John | Esteban | Capitán |
Miryam | Lady Hertford | Anxo B. | Garda 1 |
Noelia | Paxe 1 | Juan | Garda 2 |
Sabela | Paxe 2 | Fabián | Garda 3 |
Pablo | Garda 4 |
Anécdotas das representacións
Cada vez que miraba para o público o corazón se me poñía a cen porque estaba mirando a meu pai que viñera de sorpresa. E vaia sorpresa que me deu!
Ilian
Cando ía saír á escena para narrar choquei contra unha árbore de madeira que tiña diante; pero, non caín.
Samuel
En plena actuación soou un móbil no camerino. A todos nos deu a risa; pero, silenciosa.
Noa
Con tanta calor que houbo o día da representación para as familias saqueime o gorro de soldado mentres esperaba no camerino e logo, saín a escena con el sen colocar.
Fabián e Pablo
A porta de acceso ao camerino non abre por dentro e non puiden saír a coller a coroa de rei e tiven que usar a da raíña.
Patri
A punta dunha das lanzas rompeu xusto antes de actuar por 2ª vez e houbo que pegala con celo a toda presa.
Pablo
Houbo unha palabra que se me atascou( compracido ) e cambieille o acento. Menos mal que as risas dos do camerino non se escoitaron.
David
Martina
A perruca de príncipe puxémola coa parte de atrás para adiante e resultaba un pouco estraña.
Anxo R.
Non escoitamos ben e saímos a escena máis tarde do debido.
Sheila e Ilian
Unha das veces que saín a facer de narradora engancheime nunha lanza e quiteina a correr.
Alba
Enredeime no telón de fondo e non atopaba a abertura para saír a presentar.
Noa
Empecei a presentar o festival e, de súpeto, o micrófono quedou sen pilas e tiven que seguir ata acabar a primeira presentación.
Carlos
Os nervios fixeron que correse tanto que me adiantei aos compañeiros.
Miryam e David
Tiven que aguantar a risa durante a miña representación porque o personaxe de príncipe facíame rir.
Anxo B.
A 1º representación, para o colexio, saíu mellor que a 2º porque nesta apareceron os nervios por ter a familia de público. Polo demais, foi todo un proceso de aprendizaxe teatral que requeriu moito esforzo, traballo e organización. Os meus parabéns a todos e todas.
A titora
2 comentarios:
os comentarios que fixeron os de sexto de primria dan moita gracia
jaaaaaa non creades que os saiu tan mal amin encantoume seguro que bos costou moitisimo preparala
Publicar un comentario en la entrada