22/9/09

Presentámonos

Ola! Son Xabier e considérome amigable, divertido e optimista.
Unha das miñas limitacións é a ED.física.
Ilusiónome cunha vitoria do Barsa e gústame recibir agasallos.


Un sáudo do voso amigo Xabier.
Ola !!!


Son Thais e gústame estar coa miña familia e facer cousas xuntos.

Ilusiónome moito cando vou en avión e cando me fan agasallos.A miña limitación son as matemáticas e non me gusta que falen mal de min.


Un saúdo,Thais


Ola!!!, son Rodrigo e son bastante alegre.Gústame que os demais sexan felices. Encántame remar e ilusiónome moito cando gañamos unha regata .
Espero chegar a ser remeiro da ACT (Asociación Clubs de Traiñas).


Adeus de Rodrigo.


¡Ola! Chámome Pablo e considérome deportista.
Gústame estar cos meus amigos e amigas.
Ás veces son un pouco vago e cóstame centrarme nos estudios.
De maior quixera ser remeiro profesional.

Bicos Pablo.




Ola!! son Noel e considérome deportista,solidario,manitas e xoguetón.Gústame moito xogar ao fútbol e remar.Espero chegar a ser remeiro da A.C.T. e traballar como electricista.

Bicos Noel



Ola!! Que tal? Son Jessica e considérome amable e alegre.
Son feliz cando celebro o meu aniversario e cando chega o Nadal.
Gustariame chegar a ser cantante e pásoo moi ben cando vou a Lugo coa miña familia porque vexo moitos animais na casa da miña avoa.
Veña, espero que visetedes máis o noso blog. Xauuuuu bikos e ata outra. Jessica






Ola!!! Eu son Iván e os meus amigos din que son simpático e riseiro.
Ás veces dame medo a escuridade.
Son feliz cando estou cos meus amigos e amigas. Gústame moito a informática.

Bicos..






Ola!

Chámome Elsa e considérome sincera e tranquila.Son feliz cando xogo co meu can e ilusiónome cando vou de excursión.Espero chegar a ser veterinaria e ter a miña propia clínica.

Saúdos Elsa.








Ola!! Son Carmen e gústame moito estudar.
Disfruto moito na compañía da miña familia e das miñas mellores amigas.
As miñas limitacións son andar en zancos e facer a voltereta.
Quisera ser veterinaria aínda que me da noxo o sangue.



Bicos Carmen









Ola!

Son Brais e todos din que son alegre.
Cóstame facer os deberes e ás veces dame medo suspender.
Son feliz cando estou nun lugar alto e ilusiónome nas regatas, xa que estou remando en SD.SAMERTOLAMEU.REMO.

Ata logo meu !








Ola ! Chámome Ana e considérome boa estudante .

O que me fai máis feliz é estar coas miñas mellores amigas .

A miña principal limitación é facer piruetas coa bicicleta .

Gustaríame chegar a ser científica ou bailarina .

E para finalizar ilusiónome con todo.

Un bico Ana .








3 comentarios:

  1. ¡Preciosos dibujos y preciosa presentación! Me ha gustado mucho este trabajo. ¡Enhorabuena!

    ResponderEliminar
  2. Que bonitos debuxos fan estes alumnos e alumnas de sexto curso!.
    As profes de Quintela esperamos que disfrutedes do blog, e aprendades moito!

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito a actividade aunque, costoume un pouco debuxar.
    Me gustou porque, foi ao principio do curso e non coñeciamos ben a Elsa entón decidiramos Carmen e máis eu invitala para debuxar con nosco.
    Vueno me teño q despedir adeus e moitos bikos para todos.

    Jessica

    ResponderEliminar

Escribe aquí os teus comentarios.Non esquezas por o teu nome.Saírá publicado cando nos chegue.

Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas