4/11/10

VIDEOCONFERENCIA EN QUINTELA


Onte o 3º ciclo fomos espectadores da aplicación das novas tecnoloxías á escola.
Xenebra( Suíza ), Santiago de Compostela e moitos centros de educativos de Galicia compartimos unha hora de comunicación científica a través dunha videoconferencia. Dous investigadores galegos que traballan no CERN( Consello Europeo de Investigación Nuclear ) e unha profesora e un profesor da facultade de Física da USC( Universidade de Santiago de Compostela ) faláronnos do seu traballo.

Esta videoconferencia estaba pensada para cursos superiores, pero non eramos o único centro de Primaria.
Carlos 6º


Non entendemos moito, pero pareceume unha moi boa idea porque nunca viramos unha videoconferencia.

Martina 6º


Pareceume unha gran oportunidade para entender a física no instituto.

Samuel 6º


Fixéronnos recordar cousas que déramos en 4ºe 5º, como: a materia, a célula, os átomos, o Big Bang, os buratos negros...


Irene 6º

2/11/10

ACABOUSE A ESPERA! : UNHA CLASE NATURAL
















Visita á igrexa de San Martiño
O mércores 27 o noso ciclo subiu andando ata a igrexa de S. Martiño.Acompañáronnos Eric e María.A Eric xa o presentamos e a María farémolo agora: é unha estudante de Maxisterio que está a facer as prácticas no colexio.
En coñecemento do medio estudamos a Idade Media e,polo tanto, os estilos artísticos mediavais; como a igrexa de S. Martiño pertence ao estilo románico decidimos ter unha clase ao aire libre.Esta consistiu en observar o edificio por fóra para logo debuxar as distintas paredes exteriores tendo en conta os elementos característicos do románico:arco de medio punto,paredes de pedra grosas, cruz latina,ventás
pequenas,pórtico,pouca altura,...
Eric,como experto en artes plásticas,ensinounos unha técnica para traballar as proporcións usando as mans.Tivemos unha mañá moi divertida,pero acabamos esgotados.
P.D. : as fotos ilustran a nosa experiencia.

Sexto curso

31/10/10

Xogo do samaín

A ver cantos puntos consigues. Entra e xoga:

Xogo do CEIP Manuel Fraga de Cariño

29/10/10

Saída á igrexa de San Martiño


O mércores a nosa clase de 5º e os nenos e nenas de 6º, fomos ver a igrexa de San Martiño en Abelendo.

Fomos acompañados das nosas profesoras María e Inés, do profesor de inglés Eric e unha profesora de prácticasque se chama tamén María.

A ruta pareceunos un pouco longa, pero falando cos compañeiros foi moito mellor, e aínda por riba iamos falando en inglés con Eric!

Vimos que a igrexa é de estilo románico, que ten unhas ventás moi estreitas e uns muros moi anchos. Tamén puidemos vela por dentro, con moitas flores de todo tipo.

A profesora fixo grupos para pintala de fronte, de lado... e algúns profes tamén se animaron, sobre todo Eric que é un gran artista!

Ao final xogamos, bebemos na fonte e merendamos.

Foi un día inolvidable!
Alumnos/as de 5º curso

28/10/10

3º ciclo en San Martiño

O próximo día 2 de Novembro poderedes descubrir no blog de 3º ciclo a nosa aventura!!!

Ata loguiño!

P.D.: Non deixedes de visitar o noso blog

Un agarimoso saúdo 6º Curso

26/10/10

As bibliotecas de aula

Este ano celebramos o día das biblioteca escolares coa decoración das bibliotecas de aula, e a vi sita de todas as do cole.
Así quedaron as nosas.

sita

21/10/10

6º CURSO

Este curso temos novidades en inglés: unha nova mestra e un profesor de conversa. Este profesor veu de Indianápolis (U.S.A.) e chámase Eric. Estamos empezando a coñecernos. Nós temos bastante vergonza a falar con el en inglés, só uns poucos se lanzaron. A Eric pásalle co castelán o mesmo ca nós co inglés: temos que coller soltura. Sin embargo, el non ten vergonza e si moita curiosidade. Como vai estar con nós todo o curso axudaranos a deixar de ser tímidos e tímidas.
Ah! Esqueciamonos de dicir que Eric é moi riseiro, simpático e amable.
Xa cos iremos contando máis cousas ao longo do curso.

8/10/10

Para buscar imaxes

As veces queredes ilustrar as vosas entradas nos blogs con fotografías.


Si queremos acudir a internet, hai varias opcións para ter imaxes con licencia para poder usalas.



Para coñecer eses sitios, o blog "Xarxatic" ten unha entrada moi didáctica.

E aconsellable que probedes as diferentes opcións:


Flickr



Buscade fotografías sobre un tema: A auga. Cando teñades unha carpeta, facede unha presentación sobre ese tema.

(A páxina Xarxatic e unha recomendación que nos chega de Cristina Novoa, da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia )

7/10/10

A prensa na escola

Este curso o alumnado de 3º ciclo vai recibir prensa na escola, para poder traballar con ela.
No menú lateral , no apartado de "Aprende".,queda un enlace con recursos e actividades:

Prensa na escola

7/9/10

Inicio de curso


As clases comenzan o día 10 de Setembro, no horario habitual; de 9 a 2.
As actividades de tarde empezarán no mes de outubro

Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas