26/2/10

Normas de seguridade

Esta semana na clase de sexto falamos sobre as normas de seguridade:nas profesións, nos deportes de risco... Estamos facendo uns carteis que xa vos amosaremos.





5/2/10

Convivencia





Na clase de 6º falamos sobre a convivencia nas familias e fixemos un debate sobre:
“ Residencias de anciáns : a favor ou en contra”.



Equipo a favor das residencias: Carmen, Jessica, Iván , Elsa e Xabier.
Moderadora: Elsa.
Portavoz: Xabier.



Equipo en contra das residencias: Rodrigo, Ana, Brais e Thais.
Moderador: Rodrigo.
Portavoz: Ana.



Aquí tedes o resumo do debate:



A FAVOR: Pensamos que deben existir as residencias para que as persoas maiores non estean sós porque en moitos casos os familiares non viven con eles.



EN CONTRA: Non nos parece ben que as persoas maiores se teñan que ir a unha residencia porque na maioría dos casos rómpense os vínculos cos parentes xa que poucas veces os van visitar.



A FAVOR: Son moi necesarias porque moitos anciáns precisan coidados especiais porque padecen enfermidades graves e as súas familias non poden deixar os seus traballos para ocuparse deles.



EN CONTRA : Sí , pero os familiares deberían buscar outra solución antes de deixar aos seus maiores nunha residencia porque poden sentirse moi tristes e abandoados.



Os dous equipos seguen opinando...
Ao remate chegamos a unhas conclusións nas que os dous equipos estamos de acordo:



Parécenos ben que as persoas maiores vaian a unha residencia, pero nunca obrigados.
Nos casos en que as persoas maiores decidan quedar nas súas casas, as familias poderían buscar persoas que se ocupen de coidalos, se eles non poden.
Tamén nos parece moi positivo as residencias de día porque os nosos maiores entretéñense e fan actividades.



Despois do debate lemos o conto “ O prato de madeira “ e fíxonos pensar sobre o importante que é a convivencia nas nosas vidas.
Nenos e nenas de 6º



1/2/10

Un pouco de historia

Vimos este cadro en Trafegando Ronseis:
Preme na imaxe, e entrarás no cadro.
O cadro está composto de personaxes históricos.
Poñendo o cursor enriba de cada personaxe vas ver o seu nome e se clicas nel, poderás entrar na súa páxina da wikipedia.



Representación teatral en caixanova

Texto:

Asistimos á representación do monólogo Un teatro de bolsillo de Carlos Pons e interpretado por Tian Gombau. (Valencia)


Argumento:

Mor é un xograr que viaxa polas vilas e cidades contando historias. Un día decide explicar ao público a historia do teatro, dende a súa orixe ata os nosos días.


Opinión xeral:

Saimos entusiasmados.

Algúns opinan:

Samuel di que foi chistosa e que actuou moi ben.
Anxo considera que foi graciosa.
Noelia comenta: escachei coa risa e gustoume moito a súa maneira de contar, as viñetas que foi mostrando, a música. En fin, foi a obra de teatro máis incrible que vin.

27/1/10

Os ángulos

Para os de quinto, que andaban un pouco abraiados cos ángulos.
Entrando na imaxe, tedes un xogo:



Ademáis, si entras en Matemáticas divertidas, hai un ppt dos ángulos moi sinxelo:

25/1/10

Premios Nobel

Atopamos esta presentación na rede.Falta o último premio Nobel. A ver si averiguades que foi:

22/1/10

Comentarios Matilda.


Na clase de 6º estivemos lendo "Matilda" de Roald Dahl.


Jessica opina:


O libro foi moi entretido. A parte que máis me gustou foi cando Matilda descubre que pode mover cousas e dalle o seu merecido á Trunchbull.


Rodrigo opina:


É unha historia moi bonita, ao tempo que triste e graciosa.


Gustounos moito a todos e todas.

Botamos moitas risas lendo esta historia.

19/1/10

Folletos turísticos

Na clase de 6º seguimos facendo folletos turísticos. Aquí tedes outros dous.




18/1/10

Terremoto de Haití



Haití é un país que ocupa parte dunha illa (La Española) no mar Caribe.



É o país máis pobre de toda América,cunha economía de subsistencia, é decir, que viven e traballan para alimentarse.



O 12 de xaneiro de 2010, Haití sufriu un terremoto de magnitude 7,0 na escala de Richter


Aquí tes información máis completa do terremoto.



Averigua que outro pais hai na illa da Española, e porqué non sufriu tantos danos.
Pensade entre todos que deberían facer outros paises para axudarlles.
E nós?

Anna Frank

Lemos no diario "El País" que falleceu Miep Gies,a idade de 100 anos.

Miep Gies axudou a familia de Anna Frank a esconderse dos nazis.

Era a secretaria de Otto Frank, o pai de Anna, e colaborou levándolles víveres ao almacén onde permaneceron escondidos durante 25 meses, ata que foron descubertos polos nazis.

Miep Gies atopou os diarios de Anna Frank, e gardounos ata que, rematada a guerra, poido devolverllos a Otto Frank, único membro da familia que sobreviviu aos campos de exterminio nazi.

O diario, que Anna recibira de agasallo no seu 13 aniversario, narra a vida durante o tempo que permaneceron escondidos.
Dende a súa publicación, no ano 1947, é un dos libros máis leídos no mundo.



Na biblioteca escolar tedes varios exemplares do diario de Anna, e unha biografía dela.

Si queres ler algúns fragmentos do díario, preme aquí.

Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas