4/3/11

Lenda da Coruña e da Torre de Hércules

Hai varias lendas relacionadas coa súa construción.
Unha delas é que Hércules matou ao xigante Gerión para salvar ao pobo Brigantium.
Gerión era un dictador e quedábase coa metade das posesións dos seus súbditos,incluso cos seus fillos.
Hércules matou a Gerión e enterrou a cabeza. Xusto enriba colocou unha antorcha.
Dalí medrou un pobo que se chamou Cruña, porque a primeira habitante chamouse Cruña.
Os cidadáns de Cruña puxéronlle ó seu faro este nome, conmemorando a Hércules. "A Torre de Hércules"   Yaiza Portela 5º

                      

Os de sexto investigan sobre o Entroido tradicional no Morrazo

O MORRAZO NA RÍA DE VIGO


Mapa feito por Anxo Rúa 6º en corel draw 12


Cada concello ten a súa maneira particular de celebrar o Entroido e dentro de cada un deles hai lugares nos que está moi arraigado e é moi vivido polas súas xentes; tanto é así que a fama que teñen fai que sexan foco de atracción de novos e non tan novos doutros lugares da comarca. Falamos, por exemplo, do Hío ou  de Sanadrián e Santa Cristina de Cobres.
A continuación, sinalamos os distintos concellos da comarca e os  enlaces cos que se pode acceder a máis información sobre o Entroido en cada lugar.
  1. Cangas: Hío - Aldán
  2. Moaña: Moaña - Meira 

2/3/11

Subcampeóns da 4º División Galega de xadrez

O clube de xadrez de Moaña, Bobby Fischer, alcanzou o subcampeonato de Liga o pasado febreiro no CEIP de Nigrán no que participaron un total de nove equipos.
Dous xogadores do equipo son os alumnos de sexto do noso colexio: Anxo Rúa e Carlos Urdampilleta.
Os nosos parabéns para eles.

24/2/11

Unha clase de botánica

Hoxe o alumnado de 5º deulles unha clase de botánica aos nenos e nenas de 4º curso.Explicáronlles os tipos de plantas, as formas das follas, e como se reproducen as plantas.
   Foi unha clase moi interesante!

31/1/11

Quintela en 3D

Este é un traballo realizado por Anxo Rúa, alumnos de 6º curso.

24/1/11

A pintura e a Paz

Dende o CEP Brea Segade, os nosos amigos de Taragoña, achegannos esta actividade sobre o Guernica e a paz. Preme na imaxe:

23/1/11

LIM sobre o día da Paz

Belén Junquera elaborou este Libro Interactivo multimedia sobre a Paz. Preme na imaxe para xogar:

Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas