21/6/10

Os de 5' recomendamos lectura

Este trimestre tivemos lectura colectiva do libro Queres ser o mozo da miña irma , recomendamola. Ai van os nosos comentarios:

Conta a historia dunha nena que ten unha irma adolescente que lle amarga os dias. Rimos a cachon. Anxo Rua

Pareceme un libro moi divertido cuns personaxes un pouco parvos. Noa

Fixome rir e tiña unhas ilustracions graciosas; ademais, gustoume porque os seus personaxes reflexan a realidade adolescente. Carlos

E unha historia moi atolondrada. Samuel

É moi entretido e as nosas risas abundaron na clase. Alba

Os personaxes son tan divertidos que dan ganas de chorar de risa. Ilian

A min pareceume un libro moi gracioso porque a nena pasanlle cousas que a nós nos pasan ou pasarán. Anxo Barcia

Este libro gustoume porque alguns personaxes teñen uns nomes moi divertidos. Fabián

A min gustoume moito porque os personaxes son mais parvos ca nós. Noelia

A min gustoume moito porque a historia é moi interesante e realista. Juan

Gustoume moito porque a familia é moi divertida. A irmá dunha rapaza adolescente estalle buscando mozo. Diego

A min gustoume porque os nomes son un pouco raros e divertidos. Martina

A min encantoume o libro polas parvadas que fai a protagonista. Sheila
`
A min gustoume porque os seus personaxes estan tolos. Patri

Fixonos rir moito coas súas historias. Miryam

Despedida do noso colexio

O curso remata e despedimonos con esta poesia feita por nós.
Tranquil@s mestres/as que viremos de visita.


Poesía de despedida do Colexio

Como xa estamos en sexto
e a secundaria pasaremos,
queremos despedirnos
lembrando os bos momentos.

Festas e celebracións
sempre foron o mellor.
O magosto, o Nadal
e como non, este festival.

Non podemos esquecer os antroidos xeniais:
de pintores eramos os mellores,
de científicos luciamos magníficos
e de mexicanos pareciamos ananos.

E como non, falemos de excursións.
A Ramirás seguro que volveremos.
Nas illas Cies xogos e diversión
e na vindeira a Manzaneda xa vos contaremos.


Aos mestres e ás mestras
sempre lembraremos.
Ao noso querido Paco
tampouco esqueceremos.


Desexamos que o noso colexio
siga sendo sempre así:
festeiro, divertido, que mola tela
e nenos e nenas compañeiros entre sí.

Amigos e amigas que vides detrás,
non vos esquezades de o coidar
para que as futuras xeracións
o poidan disfrutar.


Nenos e nenas de 6º Xuño 2010



Traballos de ciencia

Os nenos e nenas de sexto fixemos uns traballos de investigación sobre a enerxía, as forzas e a electricidade e magnetismo.
A experiencia resultou interesante.
Aquí tedes unhas fotos.





15/6/10

Lito Portela

Anxo Rúa, alumno de 5º, fixo este xogo cos cadros do artista moañés Lito Portela

4/6/10

Excursión a Manzaneda

Este mércores os nenos e nenas de 6º de Quintela voltamos da excursión de Cabeza de Manzaneda. Tamén fixemos moitas actividades: Karts, tiro con arco, supervivencia...
Todos pasámolo xenial.


Agora imos ensinarvos unhas fotos:






3/6/10

¡¡¡Saímos na tele!!!

O 1 de xuño viñeron grabarnos os técnicos do programa de TVG ''BEN FALADO''. 7 de nós falamos ante os cámaras contestando as preguntas da entravistadora. Estabamos moi nerviosos e ás veces, non sabiamos que dicir. A periodista pedíanos que non corrésemos ao falar. Algúns probamos a estar detrás da cámara. Comprobamos que os programas de televisión necesitan moita preparación e ensaio. Falamos sobre as novas tecnoloxías usando o galego. Ao rematar dixemos todos á vez:
¡¡BEN FALADO!!

1/6/10

A tele no cole

Hoxe estivo un equipo de televisión no noso cole para gravar a algúns dos nosos alumnos contanto as cousas que fan na rede. Todos estaban moi nerviosos, pero fixeronno moi ben. Falaronlle dos blogs e dos contos e montaxes que fan para os blogs, sempre en galego.
Os de abaixo son Patri e Anxo, de 5º. Que maiores parecen!!

11/5/10

Uxio Novoneyra

Aquí tedes un libro interactivo de actividades sobre Uxio Novoneyra

10/5/10

Diario da plantación das ervillas e as patacas















5 de marzo:

Plantamos dúas sementes de ervilla cada un de nós nunha maceta pequeniña de plástico.


11 de marzo:

Xermolaron 5 sementes e aproveitamos para regar.


12 de marzo:

Xermolaron 10 máis.

15 de marzo:

Xa hai 20 de 22 cunha media de 4 cm de altura cunha cor verde e amarela.


16 de marzo:

Seguen sen nacer dúas,medraron en altura e a penas se lles nota a cor amarela.


17 de marzo:

Xa teñen follas e só queda unha por nacer. Seguen a medrar en altura.


18 de marzo:

Todas naceron e seguen a medrar.


22 de marzo:

Hoxe baixamos a plantalas na horta escolar. De un en un e de unha en unha fomos enterrándoas nos buratos que estaban preparados polo profe Antón.


24 de marzo:

Na clase cortamos as patacas por onde tiñan un ollo.
Cando acabamos baixamos á horta e enterramos cada unha nun buraco diante das ervillas .
Os que acabaron foron buscar paus para poñerlle ás ervillas diante para que non se doblasen.
Logo encontramos a CARMEN e a ANTÓN (pero iso e outra historia).
10 de maio:
Pasou moito tempo sen escribir no diario porque había que esperar a que medrasen as plantas. Unha vez por semana iamos ver os avances e un día houbo que cachar as malas herbas de arredor. Non está habendo o tempo meteorolóxico necesario para a maduración das dúas hortalizas. Necesitan sol, pero chove de máis.
18 de xuño:
Levamos un mes sen anotar nada porque había que esperar ata que estiveran listas para apañar. Hoxe, por fin, tenios a colleita de ervillas e de patacas e que compartimos cos compañeiros e compañeiras de ciclo.As ervillas levarémolas para compartir coa nosa familia; pero as patacas ímolas deixar na aula ata setembro para:
FACER TORTILLAS
Queremos aportar dúas suxestións a ter en conta o curso que ven para mellorar o uso da horta: cambiar a ubicación da horta e o equipo de mantemento do concello que veña máis a miúdo a quitar as malas herbas

Charla


Charla – presentación : Cómo se fai un libro?

A profesora Mercedes e o profesor Jorge, do I.E.S. Montecelo ( Pontevedra ), dedicaron unha parte do seu tempo a falarnos do proceso de elaboración dun libro: dende a idea inicial do escritor ou escritora ata a chegada dos exemplares ás librarías. Non vos podedes imaxinar todo o traballo que hai que facer ata que un libro chega ás nosas mans.Axudáronse de imaxes na pantalla para ilustrar todo o proceso.. Tamén nos amosaron obxectos que se utilizan na edición artesanal. Ao final regaláronnos un traballo troquelado: un cartón cortado e dividido de tal xeito que se convirte nun lapiseiro en forma de moucho.
Resultou unha charla moi entretida na que aprendemos moitas cousas.

Alumnado de 3º ciclo

Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas