Asistimos a un concerto didáctico no teatro Caixanova para saber algo máis sobre os instrumentos das orquestras. Os músicos amosáronnos as características dos instrumentos , as súas partes, o seu agrupamento as familias, etc...
Opinións xerais:
Carmen: saín entusiasmada sobre todo polas actuacións finais da orquestra.
Noel: disfrutei moito cos instrumentos de percusión.
Ana: gustáronme moito as pezas musicais interpretadas pol@s violinistas.
En xeral o espectáculo gustou moito. Disfrutamos e aprendemos cantidade de cousas.
Imos aprender a facer posters dixitais. Aquí tedes un titorial para aprender a facelo cunha ferramenta chamada glogster. Permítenos por imaxes, debuxos, textos, voz, vídeo,...:
Queridos nenos e nenas: Gustoume moito todo o que aprendemos sobre Galileo e a astronomía. Pero agora quero aprender máis cousas:
O nome dos científicos e as científicas máis importantes e os seus descubrimentos.
Cando saibades algún, anotádeo nos expositores da entrada. Poñede tamén o voso nome e o curso, para saber quen é o que máis investiga. Espero con impaciencia as aportacións!!!
(Nos blogs de ciclo e de biblioteca tedes unha páxina “A ciencia” que vos vai axudar)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas