25/1/10

Premios Nobel

Atopamos esta presentación na rede.Falta o último premio Nobel. A ver si averiguades que foi:

22/1/10

Comentarios Matilda.


Na clase de 6º estivemos lendo "Matilda" de Roald Dahl.


Jessica opina:


O libro foi moi entretido. A parte que máis me gustou foi cando Matilda descubre que pode mover cousas e dalle o seu merecido á Trunchbull.


Rodrigo opina:


É unha historia moi bonita, ao tempo que triste e graciosa.


Gustounos moito a todos e todas.

Botamos moitas risas lendo esta historia.

19/1/10

Folletos turísticos

Na clase de 6º seguimos facendo folletos turísticos. Aquí tedes outros dous.




18/1/10

Terremoto de Haití



Haití é un país que ocupa parte dunha illa (La Española) no mar Caribe.



É o país máis pobre de toda América,cunha economía de subsistencia, é decir, que viven e traballan para alimentarse.



O 12 de xaneiro de 2010, Haití sufriu un terremoto de magnitude 7,0 na escala de Richter


Aquí tes información máis completa do terremoto.



Averigua que outro pais hai na illa da Española, e porqué non sufriu tantos danos.
Pensade entre todos que deberían facer outros paises para axudarlles.
E nós?

Anna Frank

Lemos no diario "El País" que falleceu Miep Gies,a idade de 100 anos.

Miep Gies axudou a familia de Anna Frank a esconderse dos nazis.

Era a secretaria de Otto Frank, o pai de Anna, e colaborou levándolles víveres ao almacén onde permaneceron escondidos durante 25 meses, ata que foron descubertos polos nazis.

Miep Gies atopou os diarios de Anna Frank, e gardounos ata que, rematada a guerra, poido devolverllos a Otto Frank, único membro da familia que sobreviviu aos campos de exterminio nazi.

O diario, que Anna recibira de agasallo no seu 13 aniversario, narra a vida durante o tempo que permaneceron escondidos.
Dende a súa publicación, no ano 1947, é un dos libros máis leídos no mundo.



Na biblioteca escolar tedes varios exemplares do diario de Anna, e unha biografía dela.

Si queres ler algúns fragmentos do díario, preme aquí.

22/12/09

Papá Noel

Hoxe rematou o primeiro trimestre de curso.
Tivemos a visita de Papá Noel, que trouxo un xogo e un libro para cada clase.
Aquí está na clase de quinto:






Aquí está na clase de sexto:



Tamén recibimos a visita dos alumnos de sexto do curso pasado, que agora xa están no instituto. Viñeron ensinarlle as notas aos profes, e a comer churros.

15/12/09

Ultima hora

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, día 16 de Setembro.

A medida tómase en base á predición da Axencia Estatal de Metereoloxía dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia a partir das 00,00 do mércores 16 de Decembro.

14/12/09

Carteis de 6º

Na clase se 6º falamos sobre a igualdade de xénero e fixemos estes carteis.




12/12/09

Os nenos do cable

Hai tempo que queríamos mostraros este vídeo.
Os nenos do cable son de Colombia, e para ir a escola teñen que superar auténticas dificultades.

Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas