Os días 30 de abril e 1 de maio os remeiros de Tirán foron a Ferrol para competir no Campionato de España de bateis.
Participaron clubs procedentes de Cantabria, País Vasco, Asturias e Galicia.
O equipo infantil de Tirán quedou de primeiro e gañou a bandeira.
Entre os integrantes deste equipo estiveron os nosos compañeiros Brais González Martínez de 5º e Pablo López Romero de 6º.
PARABÉNS COMPAÑEIROS!!!
4/5/11
15/4/11
6º bota chispas
En 6º, na área de coñecemento do medio, organizámonos en grupos de 4 membros para elaborar traballos sobre a electricidade e o magnetismo. A verdade é que nos saíron moi ben, perdémoslle o medo á electricidade e pasamos un bo rato divertíndonos traballando. Ao final, foi moi satisfactorio.
Expusemos os traballos no corredor e ante a curiosidade dos demáis cursos, ensínamoslles o seu funcionamento.
A continuación, mostrámosvos imaxes da exposición dos traballos:
Expusemos os traballos no corredor e ante a curiosidade dos demáis cursos, ensínamoslles o seu funcionamento.
A continuación, mostrámosvos imaxes da exposición dos traballos:
Exposición.
Pulsómetro: Carlos.
Circuito eléctrico para discapacitados: Fabián, Diego, Anxo B. e Juan.
Farola: Alba, Patricia, Gara e Noelia.
Cuestionario: Noa, Anxo R., Irene e Esteban.
Semáforo: Noa, Anxo R., Irene e Esteban.
Campo magnético: Esteban.
Eléctroimán: Ilian, Samuel, David e Pablo.
Electroimán: Martina, Miryam, Sabela e Sheila.
Circuito eléctrico: Martina, Miryam, Sabela e Sheila.
13/4/11
Visita a "Arte Moaña 11"
O alumnado de 4º, 5º e 6º visitamos a exposición de 24 artistas de Moaña que ten como título Arte Moaña 11. Inaugurouse o sábado 9 de abril na planta superior da praza de abastos de Moaña e permanecerá aberta ata finales de abril. Vimos cadros, esculturas, fotografías e instalacións da arte máis recente.
Aos de 6º gustounos ver unha escultura de Lito Portela xa que tivemos a honra de visitar o seu taller o curso pasado. Como este curso visitaremos xunto cos de 5º a outro artista ( Xavier Ríos ) buscamos unha obra súa e tamén a encontramos. Chamounos moito a atención a gran dama da entrada e o prisma de ilusión.
Estaban na exposición dous dos artistas con obra exposta ( Xulio Lago e María Jalda ) e quedaron encantados ao ver a tantas nenas e nenos alí. Tanto é así que María Jalda deunos unha charla sobre montaxe da exposición, do valor das obras presentadas e da importancia das mesmas.
A continuación, mostrámosvos fotos dalgunhas das obras e da nosa visita.
Juan Salgueiro
Roberto Brañas
instalacións
Lito Portela
Xixo Miranda
Loreto
Xabier Ríos
Cristina Carvajal
A dama
9/4/11
30/3/11
16/3/11
Historias fantásticas de 6º
Fai click na imaxe para velo a pantalla completa e con boa calidade.
Diseño Carlos Urdampilleta
15/3/11
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Para facer un comentario neste blogue
- Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
- Elixe de identidade "Nombre"
- Pon o teu nome
- Escribe no recadro o teu comentario
- Pulsa enriba de "Publicar comentario"
- Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
- ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
Pon música
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas





















