27/10/09

O espazo

Pronto todo o alumnado terá que empezar a investigar sobre o espazo.

Imos deixar aquí un pouco de axuda.

Queres saber algo sobre o Sistema Solar, a Vía Láctea, o Universo,...?

Entra no Proxecto Biosfera premendo na imaxe:




Tedes que investigar a biografía de alguén?

Aquí tedes unha páxina interesante para buscar, ou entrando na imaxe.

A view of Vigo

  • A pasada semana os de 5º e 6º fomos ata o parque e a praia da Xunqueira coas nosas profesoras.
  • Alí cada un de nós fixo un boceto sobre como víamos a cidade de Vigo.
  • Xa na clase, e con ese boceto, traballamos no debuxo.
  • Finalmente elaboramos un mural conxunto.



(O título é en Inglés, porque temos a Educación Plástica en Inglés)

19/10/09

En sexto estamos lendo

Os alumnos de 6º curso están lendo "Matilda" de Roal Dhal, que forma parte dos nosos Itinerarios lectores.

A espera dos seus comentarios cando rematen de ler, deixamos aqui un resumo, e un anaco da película basada no libro:
"Matilda é unha nena moi especial, xa que con 5 anos ten numerosos coñecementos, e le moito,..Os seus pais non a queren moito, e non lle fan moito caso. Mentras ela descobre que ten poderes telequinéticos, e...."





Mais sobre Matilda:
http://es.wikipedia.org/wiki/Matilda

16/10/09

Os de quinto lemos...

Os de 5º estamos lendo "Alicia no pais das maravillas" de Lewis Carrol.


Máis información:

http://es.wikipedia.org/wiki/Las_aventuras_de_Alicia_en_el_pa%C3%ADs_de_las_maravillas

14/10/09

Os elefantes bucean



Lemos en Fogonazos que os elefantes da illa de Andamam, no Golfo de Bengala, son capaces de nadar grandes distancias sen problema. Despois de traballar transportando madeira, os elefaantes volven nadando de illa en illa conducidos polos seus coidadores:
Queres velos en acción?:

8/10/09

Normas de convivencia

NORMAS DE CONVIVENCIA
Esta semana na clase de 6º estivemos traballando sobre as normas de convivencia.
Despois de comentar aspectos relacionados co tema, elaboramos un pequeno mural.
Esperamos que vos guste.








Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas