30/4/10

Visita ao taller de Lito Portela



VISITA AO TALLER DO ARTISTA MOAÑÉS LITO PORTELA


O pasado xoves, 29 de abril, o alumnado de terceiro ciclo visitamos o taller dun artista moañés.

O pintor e escultor Lito Portela falounos de como elabora as súas obras dende que ten a idea na cabeza ata que remata a peza. Explicounos como facer unha escultura con elementos da natureza.

Tíñanos preparado na súa mesa de traballo: canas cortadas e con buracos, fíos de vimbia e tiras de cartolina. Con todo isto propúxonos converternos en artistas por un día.

Agradecemos a súa amabilidade con nós e o tempo que nos dedicou.

Alumnado de 3º ciclo

P.D. Ao remate da visita Lito Portela agasallounos cunha pintura súa para o colexio.

23/4/10

Mulleres e Ciencia.

Hoxe recibimos carta de Paco
Queridos nenos e nenas :
Gustame moito a exposición de mulleres científicas que temos no cole.
Pero teño curiosidade por saber unha cousa:

Para quinto:

Que inventou Ada Byron?

Para sexto:

Que inventou Stephanie Kwolek?

Cando o saibades, podedes facerme un cartel deses bonitos que sabedes facer vós ?.
E que quero presumir diante dos meus amigos do ben que traballades e investigades!!!
Este curso estamos traballando moito.
Por eso teño gardado un agasallo para toooooooodos vós.
Espero que vos guste!!!

Entrade na páxina de recursos para investigar:

22/4/10

14/4/10

Benqueridos amigos e amigas.

Concello de Moaña
Alcaldía
ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DO COLEXIO PÚBLICO DE QUINTELA

Benqueridos amigos e amigas:
Aínda que cun chisquiño de retraso, chegoume a vosa carta do 30 de abril do 2009. Agradézovos que pensarades en escribirme e tamén que recordedes algunhas das cousas que o Concello fixo meses atrás.

Como xa pasou tanto tempo, pode ser que o que me pedides estea xa arranxado. Se non é así, facédemo saber, por favor. Será mais rápido se mo facedes chegar ao correo electrónico.

Como puidestes comprobar, o parque infantil da Praia de Moaña mudou moito nestes meses. Agardo que os novos xogos sexan do voso agrado e que non haxa randeeiras avariadas. Pídovos tamén que o coidedes, porque agora que xa ides grandes ten que quedar para todos os nenos e nenas que veñen detrás vosa . Agardo que vos gustan tamén os campos novos de fútbol-7. Ah, e por certo, ides á piscina?. Se non ides aínda, animádevos porque mola un cacho.

Este verán o Concello tamén vai facer algunhas obras no voso cole, para que quede un pouco máis bonito do que xa está e Luis, “o dire” non me berre tanto, porque a min sempre me está berrando, non sei a vós.

E moita sorte, algúns e algunhas de vós igual acabades en Quintela este ano e ides para o “insti”. Que vos vaia a todos moi ben, e non teñades medo aos mangallóns da E.S.O. , que ao principio parece que asustan moito, pero despois axiña se desfondan.

Dádelles un saúdo aos profesores...e un abrazo forte a todos e todas vós.


Moaña a 09 de abril de 2010-04-14
O ALCALDE
Asdo.Xosé Manuel Millán Otero


Esta é a resposta á carta escrita polos nenos e nenas de 5º do curso pasado. Si queres lela, está no club de escritura do cole.

10/4/10

Máis probas

Esta é de Brais:

Probas de Pósters dixitais

Aquí tedes algunhas probas de Pósters realizadas polo alumnado de sexto

Forest

En Inglés traballamos coas novas tecnoloxías. Este é outro traballo de Anxo Rúa.

9/4/10

Póster dixital

Na clase de 6º estamos empezando a facer un póster dixital. Estanos gustando moito.






Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas