11/5/10

Uxio Novoneyra

Aquí tedes un libro interactivo de actividades sobre Uxio Novoneyra

10/5/10

Diario da plantación das ervillas e as patacas















5 de marzo:

Plantamos dúas sementes de ervilla cada un de nós nunha maceta pequeniña de plástico.


11 de marzo:

Xermolaron 5 sementes e aproveitamos para regar.


12 de marzo:

Xermolaron 10 máis.

15 de marzo:

Xa hai 20 de 22 cunha media de 4 cm de altura cunha cor verde e amarela.


16 de marzo:

Seguen sen nacer dúas,medraron en altura e a penas se lles nota a cor amarela.


17 de marzo:

Xa teñen follas e só queda unha por nacer. Seguen a medrar en altura.


18 de marzo:

Todas naceron e seguen a medrar.


22 de marzo:

Hoxe baixamos a plantalas na horta escolar. De un en un e de unha en unha fomos enterrándoas nos buratos que estaban preparados polo profe Antón.


24 de marzo:

Na clase cortamos as patacas por onde tiñan un ollo.
Cando acabamos baixamos á horta e enterramos cada unha nun buraco diante das ervillas .
Os que acabaron foron buscar paus para poñerlle ás ervillas diante para que non se doblasen.
Logo encontramos a CARMEN e a ANTÓN (pero iso e outra historia).
10 de maio:
Pasou moito tempo sen escribir no diario porque había que esperar a que medrasen as plantas. Unha vez por semana iamos ver os avances e un día houbo que cachar as malas herbas de arredor. Non está habendo o tempo meteorolóxico necesario para a maduración das dúas hortalizas. Necesitan sol, pero chove de máis.
18 de xuño:
Levamos un mes sen anotar nada porque había que esperar ata que estiveran listas para apañar. Hoxe, por fin, tenios a colleita de ervillas e de patacas e que compartimos cos compañeiros e compañeiras de ciclo.As ervillas levarémolas para compartir coa nosa familia; pero as patacas ímolas deixar na aula ata setembro para:
FACER TORTILLAS
Queremos aportar dúas suxestións a ter en conta o curso que ven para mellorar o uso da horta: cambiar a ubicación da horta e o equipo de mantemento do concello que veña máis a miúdo a quitar as malas herbas

Charla


Charla – presentación : Cómo se fai un libro?

A profesora Mercedes e o profesor Jorge, do I.E.S. Montecelo ( Pontevedra ), dedicaron unha parte do seu tempo a falarnos do proceso de elaboración dun libro: dende a idea inicial do escritor ou escritora ata a chegada dos exemplares ás librarías. Non vos podedes imaxinar todo o traballo que hai que facer ata que un libro chega ás nosas mans.Axudáronse de imaxes na pantalla para ilustrar todo o proceso.. Tamén nos amosaron obxectos que se utilizan na edición artesanal. Ao final regaláronnos un traballo troquelado: un cartón cortado e dividido de tal xeito que se convirte nun lapiseiro en forma de moucho.
Resultou unha charla moi entretida na que aprendemos moitas cousas.

Alumnado de 3º ciclo

6/5/10

A Galipedia

O alumnado de terceiro ciclo está preparando novas entradas para a Galipedia ( a wikipedia en galego).
Os de sexto prepararon a súa:

Primeiro editaron a entrada que hai sobre Moaña para incluir entre os persoeiros ilustres a Xabier Blanco, mestre gaiteiro de Moaña.

A continuación crearon a entrada sobre Xabier, con información recollida do propio gaiteiro.

Antes acudiran a Aula de catalogación de instrumentos tradicionais onde o gaiteiro explicoulles e ensinoulles o uso de moitos intrumentos alí expostos, e contestou ás súas preguntas.
Clica na imaxe para ver a páxina


O curso pasado o terceiro ciclo creou a de Iván Costa Blanco.

4/5/10

Letras galegas 2010

Como sabedes, este ano o Día das letras galegas está dedicado a Uxío Nononeyra, poeta do Courel.
No Ceip Condesa de Fenosa, do Barco de Valdeorras fixeron unhas actividades LIM que vos van gustar. Clicade na imaxe para empezar:


No CEIP A Ponte de Lugo fixeron unha liña do tempo, onde se poden ver os feitos máis relevantes da súa vida.Pon o cursor enriba de cada data, e poderás ler a información.

Presentación Moaña: Martina e Sabela

Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas