26/3/10

Wellcome to Moaña

Anxo Rúa de Quinto curso preparou este vídeo de Moaña para a clase de Inglés

Vídeo de Moaña.

Este vídeo fíxono Anxo Rúa Refojos, de Quinto curso.

Guia turística de Moaña

Esta é a presentación de Carlos, Irene, Noa e Esteban de 5º



Guia turística de Moaña
Cargado por carlos_uc99. - Videos web independientes.

23/3/10

Ecosystem

Este vídeo fíxoo Ilian de 5º curso para a clase de Inglés.

22/3/10

Moaña é unha vila

O alumnado de 5º está aprendendo a facer presentacións. O tema: Moaña. Aquí tedes unha feita por Ilian e Juan:

16/3/10

Vigo

Carlos de 5º curso, fixo este vídeo de Vigo

15/3/10

ESPECTÁCULO MUSICAL E TEATRAL


Asistimos a un concerto didáctico no teatro Caixanova para saber algo máis sobre os instrumentos das orquestras. Os músicos amosáronnos as características dos instrumentos , as súas partes, o seu agrupamento as familias, etc...
Opinións xerais:
Carmen: saín entusiasmada sobre todo polas actuacións finais da orquestra.
Noel: disfrutei moito cos instrumentos de percusión.
Ana: gustáronme moito as pezas musicais interpretadas pol@s violinistas.
En xeral o espectáculo gustou moito. Disfrutamos e aprendemos cantidade de cousas.
Alumnado de 6º

12/3/10

Póster dixital

Imos aprender a facer posters dixitais.
Aquí tedes un titorial para aprender a facelo cunha ferramenta chamada glogster. Permítenos por imaxes, debuxos, textos, voz, vídeo,...:



(Visto en Frases viajeras)

11/3/10

A ciencia


A mascota da biblio envíavos unha mensaxe.


Queridos nenos e nenas:
Gustoume moito todo o que aprendemos sobre Galileo e a astronomía.
Pero agora quero aprender máis cousas:


O nome dos científicos e as científicas máis importantes e os seus descubrimentos.


Cando saibades algún, anotádeo nos expositores da entrada. Poñede tamén o voso nome e o curso, para saber quen é o que máis investiga.
Espero con impaciencia as aportacións!!!


(Nos blogs de ciclo e de biblioteca tedes unha páxina “A ciencia” que vos vai axudar)

2/3/10

Refrán de febreiro

FEBREIRIÑO CURTO COS TEUS DÍAS VINTE E OITO
SE TIVERAS MÁIS CATRO
NON QUEDARÍA CAN NIN GATO,
NIN RATIÑO NO BURATO,
NIN OVELLA RABELA,
NIN PASTOR PARA IR CON ELA,
NIN CORNOS AO CARNEIRO,
NIN ORELLAS AO PREGOEIRO.


OPINIÓN DA CLASE DE 5º.


Este ano vivimos o que conta o refrán:
En febreiro o protagonista foi o mal tempo.
A despedida foi explosiva coa cicloxénese chamada Xynthia.

Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas