22/9/09

Presentámonos

Ola! Son Xabier e considérome amigable, divertido e optimista.
Unha das miñas limitacións é a ED.física.
Ilusiónome cunha vitoria do Barsa e gústame recibir agasallos.


Un sáudo do voso amigo Xabier.
Ola !!!


Son Thais e gústame estar coa miña familia e facer cousas xuntos.

Ilusiónome moito cando vou en avión e cando me fan agasallos.A miña limitación son as matemáticas e non me gusta que falen mal de min.


Un saúdo,Thais


Ola!!!, son Rodrigo e son bastante alegre.Gústame que os demais sexan felices. Encántame remar e ilusiónome moito cando gañamos unha regata .
Espero chegar a ser remeiro da ACT (Asociación Clubs de Traiñas).


Adeus de Rodrigo.


¡Ola! Chámome Pablo e considérome deportista.
Gústame estar cos meus amigos e amigas.
Ás veces son un pouco vago e cóstame centrarme nos estudios.
De maior quixera ser remeiro profesional.

Bicos Pablo.




Ola!! son Noel e considérome deportista,solidario,manitas e xoguetón.Gústame moito xogar ao fútbol e remar.Espero chegar a ser remeiro da A.C.T. e traballar como electricista.

Bicos Noel



Ola!! Que tal? Son Jessica e considérome amable e alegre.
Son feliz cando celebro o meu aniversario e cando chega o Nadal.
Gustariame chegar a ser cantante e pásoo moi ben cando vou a Lugo coa miña familia porque vexo moitos animais na casa da miña avoa.
Veña, espero que visetedes máis o noso blog. Xauuuuu bikos e ata outra. Jessica






Ola!!! Eu son Iván e os meus amigos din que son simpático e riseiro.
Ás veces dame medo a escuridade.
Son feliz cando estou cos meus amigos e amigas. Gústame moito a informática.

Bicos..






Ola!

Chámome Elsa e considérome sincera e tranquila.Son feliz cando xogo co meu can e ilusiónome cando vou de excursión.Espero chegar a ser veterinaria e ter a miña propia clínica.

Saúdos Elsa.








Ola!! Son Carmen e gústame moito estudar.
Disfruto moito na compañía da miña familia e das miñas mellores amigas.
As miñas limitacións son andar en zancos e facer a voltereta.
Quisera ser veterinaria aínda que me da noxo o sangue.



Bicos Carmen









Ola!

Son Brais e todos din que son alegre.
Cóstame facer os deberes e ás veces dame medo suspender.
Son feliz cando estou nun lugar alto e ilusiónome nas regatas, xa que estou remando en SD.SAMERTOLAMEU.REMO.

Ata logo meu !








Ola ! Chámome Ana e considérome boa estudante .

O que me fai máis feliz é estar coas miñas mellores amigas .

A miña principal limitación é facer piruetas coa bicicleta .

Gustaríame chegar a ser científica ou bailarina .

E para finalizar ilusiónome con todo.

Un bico Ana .








17/9/09

Outro blog no cole

Este curso os nenos e nenas de segundo ciclo do noso cole tamén teñen un blog.

Cada vez somos mais!
Entra no seu blog para coñecelos:


Saúdos

Ola!!

Somos os nenos e nenas de 6º curso do Colexio de Quintela-Moaña.

Este ano compartiremos o blog cos compañeiros e compañeiras de 5º curso.

A nosa profe sigue sendo Gloria e temos unha nova materia: Educación para a cidadanía.

Pouco a pouco xa nos iremos coñecendo.

Saúdos

10/9/09

Novo curso


Hoxe empezou o novo curso no cole de Quintela.

Pode que algún de vós se pregunte que vai ser deste blog,..

Tal como pensaramos dende que o iniciamos, seguirá sendo o blog de sexto. Pero este curso tamén os de quinto van colaborar.

De momento están preparándose para comenzar
.Pronto se presentarán eles mesmos.

15/8/09

Serpe de dúas cabezas

Lemos en NATURA CURIOSA que algunhas serpes marinas simulan ter dúas cabezas para engañar aos enemigos

14/8/09

Un paseo por Moaña

Para Paula e Mara, que andan por Ourense:

30/7/09

Gacela xirafa

Coñecíades este animal? Chámase Gerenuk, a gacela xirafa.

Vive en Africa, e ten ese cuello tan longo para poder alimentarse de plantas que están a diferente altura das consumidas habitualmente polas gacelas.

Si queres saber algo máis, en LA ALDEA IRREDUCTIBLE tedes máis información.

25/7/09

Puzzle de National Geographic

Puzzles de National Geographic. A ver si sodes capaces de facelo:

24/7/09

Misterio

Queres resolver un misterio?


No museo Thyssen hai un que ti podes resolver: O misterio das miradas. Entra e xoga:

Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas