
23/9/09
Xogos
Este xogo é apropiado para repasar varias áreas de 3º ciclo. Xa xogáramos con él o curso pasado.Podedes practicar cada un no seu ordenador.


22/9/09
Presentámonos

Unha das miñas limitacións é a ED.física.
Ilusiónome cunha vitoria do Barsa e gústame recibir agasallos.
Un sáudo do voso amigo Xabier.

Son Thais e gústame estar coa miña familia e facer cousas xuntos.
Ilusiónome moito cando vou en avión e cando me fan agasallos.A miña limitación son as matemáticas e non me gusta que falen mal de min.
Un saúdo,Thais

Ola!!!, son Rodrigo e son bastante alegre.Gústame que os demais sexan felices. Encántame remar e ilusiónome moito cando gañamos unha regata .
Espero chegar a ser remeiro da ACT (Asociación Clubs de Traiñas).
Adeus de Rodrigo.

¡Ola! Chámome Pablo e considérome deportista.
Gústame estar cos meus amigos e amigas.
Ás veces son un pouco vago e cóstame centrarme nos estudios.
De maior quixera ser remeiro profesional.
Bicos Pablo.

Ola!! son Noel e considérome deportista,solidario,manitas e xoguetón.Gústame moito xogar ao fútbol e remar.Espero chegar a ser remeiro da A.C.T. e traballar como electricista.
Bicos Noel

Ola!! Que tal? Son Jessica e considérome amable e alegre.
Son feliz cando celebro o meu aniversario e cando chega o Nadal.
Gustariame chegar a ser cantante e pásoo moi ben cando vou a Lugo coa miña familia porque vexo moitos animais na casa da miña avoa.
Veña, espero que visetedes máis o noso blog. Xauuuuu bikos e ata outra. Jessica

Ola!!! Eu son Iván e os meus amigos din que son simpático e riseiro.
Ás veces dame medo a escuridade.
Son feliz cando estou cos meus amigos e amigas. Gústame moito a informática.
Bicos..

Ola!
Chámome Elsa e considérome sincera e tranquila.Son feliz cando xogo co meu can e ilusiónome cando vou de excursión.Espero chegar a ser veterinaria e ter a miña propia clínica.
Saúdos Elsa.

Ola!! Son Carmen e gústame moito estudar.
Disfruto moito na compañía da miña familia e das miñas mellores amigas.
As miñas limitacións son andar en zancos e facer a voltereta.
Quisera ser veterinaria aínda que me da noxo o sangue.
Bicos Carmen
17/9/09
Outro blog no cole
Este curso os nenos e nenas de segundo ciclo do noso cole tamén teñen un blog.

Cada vez somos mais!
Entra no seu blog para coñecelos:

Saúdos
Ola!!
Somos os nenos e nenas de 6º curso do Colexio de Quintela-Moaña.
Este ano compartiremos o blog cos compañeiros e compañeiras de 5º curso.
A nosa profe sigue sendo Gloria e temos unha nova materia: Educación para a cidadanía.
Pouco a pouco xa nos iremos coñecendo.
Saúdos
Somos os nenos e nenas de 6º curso do Colexio de Quintela-Moaña.
Este ano compartiremos o blog cos compañeiros e compañeiras de 5º curso.
A nosa profe sigue sendo Gloria e temos unha nova materia: Educación para a cidadanía.
Pouco a pouco xa nos iremos coñecendo.
Saúdos
10/9/09
Novo curso

Hoxe empezou o novo curso no cole de Quintela.
Pode que algún de vós se pregunte que vai ser deste blog,..
Tal como pensaramos dende que o iniciamos, seguirá sendo o blog de sexto. Pero este curso tamén os de quinto van colaborar.
De momento están preparándose para comenzar
.Pronto se presentarán eles mesmos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Para facer un comentario neste blogue
- Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
- Elixe de identidade "Nombre"
- Pon o teu nome
- Escribe no recadro o teu comentario
- Pulsa enriba de "Publicar comentario"
- Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
- ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
Pon música
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas